Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A UDC e Vegalsa-Eroski impulsan a Cátedra de Compromiso Social

Reputación Corporativa. A compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski e a Universidade da Coruña (UDC) porán en marcha a Cátedra universitaria Vegalsa Eroski de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa dirixida á formación, investigación, divulgación e transferencia de coñecementos neste contexto de interese común para ambas institucións. Así se formalizou onte na sede da Reitoría co acto oficial de creación da Cátedra presidido polo director xeral da compañía, Joaquín González, e o reitor da institución académica, Julio Abalde. A cátedra estará dirixida pola profesora Titular do departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación, Carmen Costa Sánchez. Durante o acto desta mañá o director xeral de Vegalsa-Eroski, Joaquín González, puxo de manifesto que “este proxecto é un reto que nos axudará a seguir mellorando a nosa actividade a través da investigación académica e a divulgación, co obxectivo de seguir traballando para xerar unha visión integral sobre a importancia da comunicación favorecendo unha actividade sustentable e colaborativa”. Pola súa banda, o reitor, Abalde, recoñeceu o interese da UDC e das institucións en xeral polos temas de responsabilidade social. ecg

27 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
UDC
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.