Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 26 noviembre 2021
16:05
h

A volta do viaxeiro Xavier P. Docampo

Edicións Xerais de Galicia, entre as novidades do mes de marzo, publicou Contos de Obxectos, obra inédita de Xabier P. Docampo (Rábade, 1946-A Coruña 2018), cedida polos herdeiros do escritor con imaxes de Daniel Puente. Unha preciosa edición con fotografías de DNL.

Iníciase o volume cun Limiar da escritora, compañeira e amiga de Xabier P. Docampo, Fina Casalderrey, un referente da Literatura Infantil e Xuvenil galega como o propio autor dos oito relatos que compoñen a obra e que recordan a inesquecible poética do polifacético escritor lugués. Cada un dos relatos lévanos de viaxe, a través da arte da escritura, por rutas novas na súa feitura aínda que recoñecibles a través da lectura demorada da súa obra édita, da súa poética e temática, da súa arte de narrar apegada á transmisión oral, cuxo herdo latexa en cada unha das narracións que levan á unha gran complicidade de lectores e protagonistas.

blanca.roig@usc.es

21 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito