Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
ENTREVISTA

A xornalista de EL CORREO Sandra Cuíña e José Manuel Oliveira, entre os protagonistas

O secretario da Unión de Consumidores de Galicia, Miguel López, outro dos convidados

A pandemia que sufrimos desde hai case un ano trouxo moitas restricións e un novo xeito de vivir, pero tamén novas necesidades. Unha delas é onde deixar a máscara cando chegamos á casa. A isto atopoulle solución Mario Rodríguez, un artesán do coiro e da madeira, co que hoxe estará en directo o programa A Revista (TVG) para coñecer o seu mascarilleiro, o accesorio que inventou para deixar colgado este elemento ao entrar á vivenda.

O espazo da TVG tratará hoxe o boom que está a vivir a bicicleta, cuxas vendas se dispararon desde que comezou a pandemia da COVID-19. Para falar desta tendencia, o programa estará en directo nunha tenda de bicicletas de Ourense e contará coa presenza no estudio de gravación do ciclista e propietario tamén dun negocio José Manuel Oliveira e de Alejandro Costa, membro da asociación A Golpe de Pedal, que ten como obxectivo a revalorización da bicicleta como vehículo de locomoción e transporte habitual. Tamén pasarán hoxe por A Revista a xornalista de EL CORREO Sandra Cuíña; o secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia, Miguel López, e o médico Manuel Viso, que repasará a situación da COVID na nosa comunidade.

Por outra banda, tamén hoxe na grella da TVG, Vivir aquí fará un repaso pormenorizado pola restauración das pinturas da capela maior da Catedral de Santiago, se cadra o aspecto que máis sorprendeu das obras de mellora no interior do templo, xa que o estado tan calamitoso do que partían levou a pensar, hai dous anos, que non se podería recuperar ben todo iso.

19 ene 2021 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.