Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Xunta aproba catro acordos para reforzar a formación en galego

Con estas accións, facilita que poida estudarse ata en 36 universidades de todo o mundo

O Consello da Xunta dálle luz verde á sinatura de catro convenios para apoiar a docencia, investigación e promoción da lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos localizados en universidades de Alemaña e Polonia, cun investimento global de 228.177 euros. Mantense así o compromiso do Goberno autonómico por promover a lingua galega fóra de Galicia e apoiar laboralmente os profesionais que se dediquen á docencia.

O importe destinarase á contratación dunha persoa lectora de lingua, literatura e cultura galegas que, como complemento práctico ao seu programa de formación, colaborará en darlle continuidade á ensinanza da lingua galega nos plans de estudos destas institucións académicas. Ademais, con cargo a estes convenios, poderán organizar actividades relacionadas coa docencia, investigación, promoción e difusión da lingua, literatura e cultura galegas, así como á adquisición do material bibliográfico, fonográfico, videográfico e informático necesario para realizar as accións previstas no acordo.

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades comprométese a colaborar con estas universidades prestando a orientación e o apoio pedagóxico e didáctico que demanden, así como o asesoramento técnico necesario, e mais levando a cabo a convocatoria pública para a cobertura das prazas dos lectorados.

Desta volta, grazas aos catro convenios que se van asinar, fomentarase o estudo do galego nas universidades alemanas de Freie Universität Berlin, Christian-Albrecht Universität zu Kiel e Universität Leipzig, así como na polaca Uniwersytet Warszawski.

REINO UNIDO, ALEMAÑA, ITALIA, PORTUGAL... Estes convenios súmanse aos asinados con outros centros como a Universitat d’Alacant, Universidad de Salamanca, Universitat Autònoma de Barcelona e Universidad de Estremadura.

No exterior, a colaboración formalízase coa Universidade do Minho, de Portugal, coa Ruprecht-Karls- Universität Heidelberg, de Alemaña; coa Università degli Studi di Perugia, de Italia; coa University of Wales, Bangor, do Reino Unido, e coa Sveučilište u Zadru, de Croacia, que se autorizaron o pasado mes de xullo.

16 sep 2022 / 21:48
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito