Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Xunta aspira a xestionar 28 millóns de fondos europeos a prol do Turismo na comunidade

A candidatura galega ao novo plan Next Generation integra ata seis actuacións a tres anos

A Xunta presentou este luns seis actuacións de cohesión ás convocatorias de fondos europeos extraordinarios do Plan Turístico Nacional Xacobeo 2021-2022 e o Plan Extraordinario de Sustentabilidade Turística en Destinos, coas que aspira a xestionar 27,75 millóns de euros. Acadar este investimento extraordinario suporá unha oportunidade excepcional para a reactivación, impulso, modernización e mellora do sector turístico na comunidade. As tres actuacións presentadas á primeira convocatoria extraordinaria de Plans de Sustentabilidade Turística en Destinos, o Plan do Litoral, coas que a Xunta aspira a obter 14,6 millóns de euros dos fondos Next Generation, apostan por rehabilitar e mellorar a eficiencia dos portos e impulsar e promocionar a ruta dos faros, a senda litoral, as actividades náutico-deportivas, revitalizar o litoral galego, que afecta a 1.700 quilómetros de costa, concienciando sobre o seu valor natural e patrimonial así como por rehabilitar recursos e espazos singulares da costa galega e incentivando proxectos tractores.

Por outra parte, facer de Galicia un destino cicloturista, un proxecto para a revalorización da Ruta Xacobea Mar de Arousa e Río Ulla e o desenvolvemento do Plan Director dos Camiños de Santiago en Galicia 2021-2027 centrado en Galicia como destino seguro, innovador e en familia son as propostas de actuacións de cohesión presentadas pola Xunta no marco do Plan Nacional Xacobeo. As tres suman un orzamento total de 13,1 millóns de euros.

A mellora e humanización da senda litoral resulta clave para abordar o desenvolvemento sustentable de alternativas turísticas, favorecendo a deslocalización, xa que ofrece aos visitantes unha visión integral do territorio.

Con esta actuación, quere fomentar o mellor descubrimento do litoral galego menos visitado, conectándoo con outras rutas máis asentadas, poñendo en valor o patrimonio cultural, natural e etnográfico e potenciando iniciativas locais como motor para o mantemento do proxecto no tempo. Mellorar as infraestruturas turísticas, implantar a sinalización intelixente en todo o percorrido.

Camiño de Santiago
Diversas actuacións do ‘Plan Nacional Xacobeo’

Cicloturismo. Converter Galicia nun destino de cicloturismo utilizando as rutas xacobeas e a Rede EuroVelo respectando o trazado do Camiño é o principal obxectivo desta actuación. Outra das ideas centrarase en desenvolver un proxecto integral para acadar a revitalización da Ruta Xacobea polo Mar de Arousa e o Río Ulla como un Camiño de Santiago de referencia, cos mesmos servizos que os camiños terrestres, captar novos visitantes e peregrinos e consolidar Galicia como destino náutico son as prioridades desta actuación de cohesión nesas rexións.

21 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito