Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Xunta contribúe ao nacemento do ciclo de concertos ‘Porto Maresía’

En Vigo actuará mañá Andrés Suárez e Guadi Galego farao xa o domingo pola tarde

A Coruña. Porto Maresía: concertos con sabor a sal é o título dun novo ciclo de catro concertos de música galega que terán lugar ata o domingo na Coruña e en Vigo. O programa, que arranca co directo de Heredeiros da Crus no Palexco coruñés, nace co apoio da Xunta de Galicia a través das súa convocatoria extraordinaria de subvencións para espectáculos musicais dentro da programación do Xacobeo 21-22.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, visitou onte o equipo organizativo e os integrantes da banda de Ribeira durante os preparativos desta primeira cita de Porto Maresía. Sobre o escenario do Palexco, a pasada noite Heredeiros da Crus fixeron un repaso en acústico do seu repertorio no marco da xira Angústica.

Este mesmo espazo acollerá hoxe a Ortiga para presentar o seu segundo traballo, Sabes el camino que elegí, mentres que en Vigo o programa se desenvolverá no Teatro Afundación cos concertos de dous grandes solistas: Andrés Suárez, quen tocará o sábado 27, e Guadi Galego, o domingo 28. Todos os directos darán comezo ás 21.00 horas, agás do de Guadi Galego, programado para as 19.30 horas.

Artmusic organiza Porto Maresía co apoio económico da Xunta como empresa adxudicataria da devandita liña específica de subvencións, inserida no Plan de reactivación cultural, para contribuír á recuperación das promotoras musicais independentes fronte ao impacto económico da crise sanitaria. A través desta medida, distribúense 850.000 euros entre 17 ciclos e espectáculos que se desenvolven nas catro provincias ata finais de ano e suman arredor de 100 actuacións, tanto de artistas e grupos galegos como da escena nacional e internacional.

A proposta de Porto Maresía está fundamentada na calidade da súa escolma de artistas, que representan moi diferentes estilos musicais desde unha ollada propia e orixinal. A súa promotora conta cunha década de traxectoria ofrecendo todo tipo de servizos no seo da industria musical galega, á fronte da organización de concertos de figuras internacionais, de festivais como o FIV de Vilalba ou o do Queixo de Arzúa e de ciclos como Acustiquísimos, entre outras iniciativas

As entradas para os catro concertos da súa nova proposta poden adquirirse en liña a través da web www.ataquilla.com. ecg

25 nov 2021 / 18:21
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.