Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Aberta a sexta edición do Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas

É unha proposta da Real Academia Galega de Ciencias e máis
a Xunta de Galicia

Santiago. A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), convoca a sexta edición do Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas, destinado a galardoar unha peza xornalística de carácter científico ou tecnolóxico.

A proposta consistirá nunha peza xornalística de carácter informativo, en formato escrito ou audiovisual, publicada ou emitida entre o 1 de xuño de 2020 e o 20 de maio de 2021 en calquera medio galego (ou edición galega dun medio estatal): diarios dixitais ou en papel, radio ou televisión. O traballo xornalístico pode ser do xénero da noticia, crónica ou reportaxe, quedando excluídas as entrevistas e artigos.

O traballo poderá versar sobre calquera aspecto relacionado coa ciencia en Galicia, ben sexan achados, difusión do labor de grupos ou centros de investigación, posibles aplicacións dos resultados da investigación ou mesmo casos de éxito de transferencia de resultados ao mercado. E poderá concorrer calquera xornalista a título individual ou en equipo. ECG

20 abr 2021 / 00:12
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.