Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Abre o prazo para o envío de ilustracións do Premio Pura e Dora

O certame, organizado pola Deputación de Ourense, dotará ao elixido con 1.500 euros

Ourense. A Deputación de Ourense vén de abrir o prazo para a presentación de traballos ao XVIII Premio Pura e Dora Vázquez de ilustración, dotado con 1.500 euros e ao que poderán presentarse obras orixinais que servirán para ilustrar o texto premiado neste mesmo certame na modalidade de narración: O clube de coleccionistas de selos, do escritor Pablo Nogueira. O prazo de presentación de traballos rematará o 30 de setembro.

As bases do certame -publicadas no BOP número 127 do pasado 7 de xuño- sinalan que poderán concorrer ao premio ilustradores de calquera nacionalidade, que deberán presentar non menos de dez orixinais coas medidas establecidas, tendo en conta que estas láminas estarán reparti- das ao longo do texto conformando finalmente un libro que editará a institución provincial.

As obras que opten ao premio irán asinadas exclusivamente con pseudónimo. Dentro do sobre coas láminas introducirase outro sobre pechado en cuxo exterior figurarán o pseudónimo e o título da obra, e no seu interior os seguintes datos: nome e apelidos do autor, enderezo postal, teléfono, enderezo electrónico e número de DNI.

Cando as obras se envíen por correo certificado deberá remitirse por correo electrónico á dirección publicacions@depourense.es unha copia do xustificante do envío emitido pola oficina postal. No caso das obras remitidas por correo ordinario deberá figurar no xustificante a data do envío, que non poderá ser posterior á data límite de entreg o 30 de setembro. ECG

03 ago 2021 / 17:31
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.