Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Aconsella o Cpeig mercar por internet con seguridade no ‘Black Friday’

Ofrece unha listaxe de recomendacións, como usar tarxetas prepago e minimizar a entrega de datos persoais

Santiago. Este ano, se cabe máis ca outros, proliferan as compras online por aportar máis seguridade para os cidadáns nesta situación de pandemia mundial provocada pola covid-19. Co Black Friday (Venres negro) que se celebrará o vindeiro 27 de novembro inaugúranse por tradición estadounidense as compras de Nadal. Como complemento a esta data existe tamén o Ciberluns (luns 30 de novembro), coñecido internacionalmente como Cyber Monday e dedicado ás compras por internet.

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (Cpeig) explica que o e-commerce ou comercio electrónico é un sistema de compravenda de produtos e servizos que está cada vez máis de moda e suma adeptos día tras día. Segundo o informe La Sociedad Digital en España 2019 da Fundación Telefónica, Galicia rexistrou un forte incrementoi en relación ao comercio electrónico, alcanzando un 39,2 % en 2019.

Segundo o Cpeig, en moitas ocasións, saturados polas présas do día a día, os compradores non se paran a pensar no fácil que o teñen os ciberdelincuentes nestas datas para roubar os datos o estafar. O presidente do Cpeig, Fernando Suárez, sinala que cada vez se compra máis por internet, onde hai gran variedade de opcións, multiplicándose o número de transaccións.

Asegura que “si é seguro mercar de forma online”, aínda que indica que tamén hai que ter en conta unha serie de riscos, sen conscientes deles e tomar as pautas de seguridade necesarias. “O máis sinxelo é aplicar o sentido común, desconfiar das gangas e produtos milagrosos, mercar en webs de confianza nas que o vendedor estea identificado cos seus datos de contacto por se é preciso contactar por dúbidas ou devolución do produto”, explicou Fernando Suárez. ECG

13 nov 2020 / 00:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.