Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Adolfo Domínguez recibirá a Calpurnia Especial do 25 aniversario do OUFF

O diseñador foi o productor de ‘La moños’, a primeira película que se proxectou na historia deste certame no ano 1996

O Ourense Film Festival premiará ao modisto Adolfo Domínguez coa Calpurnia Especial 25 anos na vindeira edición do festival. Trátase dun recoñecemento moi merecido para o ourensán, que estudou Cine e Arte en París e sempre estivo moi vencellado coa sétima arte. De feito, foi o produtor de La moños, a primeira película que se viu na sesión inaugural do OUFF en 1996.

A produción de La moños foi unha das súas aportacións de Adolfo Domínguez ao mundo do cinema. Foi xusto esta cinta a que abriu o camiño a 25 anos de historia do Festival de Cine de Ourense, proxectándose na gala inaugural da primeira edición no ano 1996. Esta película foi o comezo dun festival que puxo o nome de Ourense no mapa e que este ano chega a súa 25 edición en plena forma.

Sobre La moños hai que destacar que foi un filme dirixido por Mireia Ros e está baseada na historia dunha muller icónica e estrambótica que percorría as rúas do barcelonés barrio do Raval a principios do século XX. Estivo nomeada a un Premio Goya á Mellor dirección novel.

Adolfo Domínguez naceu en Trives en 1950. Creceu entre costuras antes de trasladarse a estudar Belas Artes e Cinematografía a París. De volta ao seu Ourense, decide centrarse no mundo da moda e no 76 abre a súa primeira tenda na cidade. Xa nos 80 amplía miras, pasando a facer deseños tamén para muller e popularizando a súa frase máis mítica “A engurra é bela”.

Co paso dos anos, o nome de Adolfo Domínguez fíxose un oco imprescindible no panorama mundial da moda. Abre tendas por todo o mundo e saca coleccións de complementos, cosmética e perfumes. Recibe importantes recoñecementos como a Agulla de Ouro ou o Premio Nacional de Deseño no 2019. Na actualidade, as súa filla maior, Adriana Domínguez, é a presidenta executiva da compañía, que manten a súa esencia intacta.

25 EDICIÓN. O Ourense Film Festival mantén as datas anunciadas do 25 de setembro e o 3 de outubro, cunha programación que será unha das máis especiais da historia do certame xa que se celebra o seu 25 aniversario.

Ademais do protagonismo da Sección Oficial e outras seccións paralelas, nas que se irán anunciando novidades, potenciarase o premio dedicado á mellor produción galega participante na presente edición, ou Premio Galicia- Xacobeo, dotado con 12.000 euros, como apoio ao sector audiovisual que atravesa, nestes momentos, unha complicada situación.

Homenaxe a Eloy Lozano cunha proxección e a edición dun libro
Este cineasta foi o fundador e director da primeira edición do festival ourensán

Ourense. A edición número 25 do Ourense Film Festival (OUFF) rendirá homenaxe ao seu fundador e director do primeiro certame, Eloy Lozano, coa proxección da longametraxe As belas dormentes e a publicación dunha monografía que lembra a traxectoria de quen foi unha figura imprescindible do audiovisual galego.

O ourensán Eloy Lozano (1953-2009) foi un profesional multidisciplinar que destacou en diferentes facetas como realizador, guionista, produtor, editor e fotógrafo.

A homenaxe a Eloy Lozano completarase coa publicación da monografía que preparaou o escritor e crítico de cine Eduardo Galán co obxectivo de “reivindicar unha figura que non é suficientemente coñecida pero que é de importancia vital para o audiovisual galego”. O libro, titulado Eloy Lozano, o cineasta que devorou a luz, recorda a obra de Lozano a través das conversas que o seu autor mantivo cos seus familiares, amigos e colaboradores.

Tamén das súas propias lembranzas, xa que Galán e Lozano eran coñecidos e traballaron xuntos na Televisión de Galicia. ECG

29 ago 2020 / 00:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito