Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Agadic dótase dun novo estatuto que reforzará a súa capacidade de xestión

Créase un Departamento de Xerencia // Produción Coreográfica amplía as súas competencias a todo o ámbito da danza e da música

SANTIAGO. O Diario Oficial de Galicia publicou este mércores o decreto aprobado no Consello da Xunta o pasado 18 de marzo polo que se modifica o Estatuto da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) co obxectivo de dotar este departamento de maior capacidade de xestión e coordinación nas súas competencias de servizo ás empresas galegas deste sector.

Os principais cambios recollidos neste texto legal fortalecen a estrutura orgánica deste ente autonómico adscrito á Consellería de Cultura, Educación e Universidade para continuar avanzando na recuperación das industrias culturais e frear os efectos da crise derivada da pandemia.

Trátase dun impulso que se enmarca no compromiso da Xunta coas empresas do ámbito cultural reflectido nos orzamentos deste ano, que no caso de Agadic se duplica ata case 22 millóns de euros.

Agadic contará cun novo Departamento de Coordinación Xeral e Xerencia como unidade transversal que facilite a coordinación e o asesoramento en cuestións xurídico-administrativas aos seus catro departamentos técnicos: Fomento e Promoción de Políticas Culturais, Política Audiovisual, Produción Teatral e Música e Danza, este último tamén de nova creación.

Entre outras cuestións, á Xerencia corresponderalle a asistencia á Dirección da Agadic en asuntos como o proxecto de plan de acción anual, a elaboración e tramitación do anteproxecto de orzamentos, funcións relativas ás materias de transparencia e seguridade da información e protección de datos persoais, expedientes de contratación e xestión patrimonial ou a elaboración de estudos e propostas de actuación sobre aspectos relativos á estruturación, planificación, organización, modernización, métodos de traballo e de mellora na xestión.

O Decreto modifica tamén a denominación e as funcións do ata agora Departamento de Produción Coreográfica, que pasa a chamarse Departamento de Música e Danza, máis acorde cos seus novos cometidos de desenvolvemento, promoción e impulso do fomento nestes dous ámbitos artísticos.

A persoa que dirixa o Centro Coreográfico Galego estará tamén á fronte deste departamento. Executará tamén o Plan Integral para a Danza, actualmente en elaboración nun proceso participativo.

Ademais doutros puntos dedicados a tipificar o persoal directivo da Agadic e a detallar algunhas funcións específicas, o Decreto establece que o Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI) muda a súa denominación pola de Filmoteca de Galicia e adscríbese organicamente á Agadic con dependencia funcional do Departamento de Política Audiovisual, como unidade que se encargará da salvagarda e difusión do patrimonio audiovisual galego.

O reforzo na estrutura e nas contas da Agadic tamén permitirá poñer en marcha liñas de traballo que lle dean continuidade á actividade económica das industrias creativas, ao tempo que as axude a adaptarse á actual situación.

Neste contexto, unha das principais medidas será a creación do proxecto Hub audiovisual-industria cultural dotado con 9,6 millóns de euros e vinculado ao programa REACT da UE. O seu obxectivo é xerar dinámicas positivas no sector cultural profesional galego para, a través dun proceso colaborativo, levar a cabo investimentos na industria cultural que incrementen as súas capacidades e aceleren a súa reactivación. ECG

O Diario Oficial de Galicia publicou onte o decreto aprobado no Consello da Xunta o pasado 18 de marzo polo que se modifica o Estatuto da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) co obxectivo de dotar este departamento de maior capacidade de xestión e coordinación nas súas competencias de servizo ás empresas galegas deste sector.

Os principais cambios recollidos neste texto legal fortalecen a estrutura orgánica deste ente autonómico adscrito á Consellería de Cultura, Educación e Universidade para continuar avanzando na recuperación das industrias culturais e frear os efectos da crise derivada da pandemia.

Trátase dun impulso que se enmarca no compromiso da Xunta coas empresas do ámbito cultural reflectido nos orzamentos deste ano, que no caso de Agadic se duplica ata case 22 millóns de euros.

Agadic contará cun novo Departamento de Coordinación Xeral e Xerencia como unidade transversal que facilite a coordinación e o asesoramento en cuestións xurídico-administrativas aos seus catro departamentos técnicos: Fomento e Promoción de Políticas Culturais, Política Audiovisual, Produción Teatral e Música e Danza, este último tamén de nova creación.

Entre outras cuestións, á Xerencia corresponderalle a asistencia á Dirección da Agadic en asuntos como o proxecto de plan de acción anual, a elaboración e tramitación do anteproxecto de orzamentos, funcións relativas ás materias de transparencia e seguridade da información e protección de datos persoais, expedientes de contratación e xestión patrimonial ou a elaboración de estudos e propostas de actuación sobre aspectos relativos á estruturación, planificación, organización, modernización, métodos de traballo e de mellora na xestión.

O decreto modifica tamén a denominación e as funcións do ata agora Departamento de Produción Coreográfica, que pasa a chamarse Departamento de Música e Danza, máis acorde cos seus novos cometidos de desenvolvemento, promoción e impulso do fomento nestes dous ámbitos artísticos.

A persoa que dirixa o Centro Coreográfico Galego estará tamén á fronte deste departamento. Executará tamén o Plan Integral para a Danza, actualmente en elaboración nun proceso participativo.

Ademais doutros puntos dedicados a tipificar o persoal directivo da Agadic e a detallar algunhas funcións específicas, o Decreto establece que o Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI) muda a súa denominación pola de Filmoteca de Galicia e adscríbese organicamente á Agadic con dependencia funcional do Departamento de Política Audiovisual, como unidade que se encargará da salvagarda e difusión do patrimonio audiovisual galego.

O reforzo na estrutura e nas contas da Agadic tamén permitirá poñer en marcha liñas de traballo que lle dean continuidade á actividade económica das industrias creativas, ao tempo que as axude a adaptarse á actual situación.

Neste contexto, unha das principais medidas será a creación do proxecto Hub audiovisual-industria cultural dotado con 9,6 millóns de euros e vinculado ao programa REACT da UE. O seu obxectivo é xerar dinámicas positivas no sector cultural profesional galego para, a través dun proceso colaborativo, levar a cabo investimentos na industria cultural que incrementen as súas capacidades e aceleren a súa reactivación.

07 abr 2021 / 15:05
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.