Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
ENTREVISTA

Alejandro Fernández e Francisco Bragado, os politólogos e blogueiros galegos que chamaron a atención de Moncloa

Expertos en marketing, estratexia e a comunicación política, cren que “poden aparecer alternativas novidosas agora coas redes sociais, hai que asumir novas posicións nelas para abrirse paso”

Vivimos na época da dixitalización e da información, das redes e da comunicación online, e neste mundo, que cabida ten a comunicación política? Nesta ocasión falamos con dous politólogos que empezaron hai pouco cun proxecto no que tratan de achegar este tipo de información ao maior número de persoas posible a través destas novas canles. Alejandro Fernández e Francisco Bragado, formados en Ciencias Políticas na USC, crearon recentemente Campaña Permanente, un blog dedicado ao marketing, a estratexia e a comunicación política, no que se exporá información relevante sobre este ámbito, así como ideas e análises achegadas por diversos referentes do sector.

Alejandro Fernández e Francisco Bragado, os politólogos e blogueiros galegos que chamaron a atención de Moncloa

Abren o blog cun artigo titulado En el Ala Oeste de la Moncloa, onde Fran nos conta como foi o seu encontro cunha das figuras máis relevantes (se non a que máis) deste campo no ámbito español: Iván Redondo, consultor político e xefe do Gabinete da Presidencia do Goberno de Pedro Sánchez.

Alejandro Fernández e Francisco Bragado, os politólogos e blogueiros galegos que chamaron a atención de Moncloa

Que significa “Campaña permanente”? e por qué elixistes este nome?

Alex: Campaña permanente significia que unha vez gañas ou perdes as eleccións, o día seguinte xa empeza a campaña electoral. Unha campaña electoral entendida do xeito clásico eran 15 días antes das eleccións. Entón non se trata de ver a campaña electoral como ese proceso dende cando a administración di “ábrese”, senón dende o primeiro día, dende a primeira medida que vas tomar como goberno que esté enfocada de cara ás eleccións.

Fran: Pedro Sáchez, cando fixo moción de censura e nomeou os ministros, o 50% eran practicamente de dereitas. Isto é para que nas próximas eleccións a xente diga “estes que chegaron con Bildu non son uns radicais, puxeron a Marlaska de ministro de interior” [ri], basicamente consiste en que todo o que fas siga unha estratexia enfocada a un obxectivo final.

Alex: Ao principio pensamos en chamalo “Labirinto de Ideas”, pero en canto se nos ocurriu “Campaña permanente” gustounos moito máis, ademáis é un concepto que se está popularizando actualmente na política estatal.

Cando comenzastes con este proxecto, e como se vos ocurriu?

Fran: Pois levamos xa tempo moi interesados na comunicación e o marketing político, dende que coincidimos na carreira vimos que tiñamos ese interese en común e sobre todo os últimos meses tivemos moitas conversacións sobre o tema. E entre que a miña conta de Twitter @IvanRedondo__ estaba crecendo bastante, e que Alex tamén estaba interesado en crear un blog enfocado sobre todo á realización de entevistas pois tivemos a idea de unir os nosos proxectos, e en canto se nos ocurriu non o pensamos dos veces.

Alex: Ademáis de parecernos algo moi interesante, tamén é importante o feito de que se trata dunha das poucas saídas que hai realmente para Ciencias Políticas, quitando opositar, docencia e investigación. A día de hoxe o mundo do marketing e a comunicación política ten bastante futuro, hai bastante traballo; aínda que aquí non tanto todavía, en America Latina por exemplo hai moita xente española que se dedica a isto e está moi ben posicionada, como Antonio Sola, Gutierrez-Rubí, Xavier Peytibi...

E por que pensades que en America Latina hai máis oferta que aquí?

Alex: Pois ten que ver con que por algunha razón ata agora estaba todo este mundo moi oculto. Agora empeza un pouquiño máis a sonar, xa empeza a saberse que asesor está en tal sitio ou en tal outro... E aínda así segue sendo dificilísimo atopar en que campaña participa cada un, tes que rebuscar e rebuscar e a metade das veces non o atopas. Entre eles sen embargo si que o saben, pero hai moito secretismo.

Fran: O motivo probablemente sexa que en canto esta xente dá a cara, convértese nunha cabeza de turco á que dirixir as críticas. A Iván Redondo botóuselle en cara, por exemplo, que fixera crecer a Vox para que o PSOE tivera un inimigo, cando iso é algo que xa fixera o PP con Podemos. Simplemente púxoselle unha cara e un nome a algo que xa se estaba facendo antes.

Entón pensades que o panorama español está evolucionando positivamente respecto disto?

Fran: A ver, eu creo que si, o que pasa é que en América Latina e Cataluña sempre chegan as cousas antes, polo menos en temas de estratexias ou tácticas políticas. O populismo arrasou en américa latina, e chegou antes a Cataluña que ó resto de España. Eu penso que está todo moi relacionado coa competencia do poder, temas económicos e incluso podería vir de temas culturáis.

Alex: Aquí en Galicia, por exemplo a nivel das grandes cidades, si hai asesores para as campañas, pero no día a día aínda que haxa un gabinete de comunicación non hai eses asesores estratéxicos.

Fran: Aínda cunha maioría absoluta como é o caso de Feijoo en Galicia, non che fai mal a figura do asesor externo, por que é como ter un auditor, unha persona externa ó partido que che di os teus erros, para evitar unha posible “lei do silencio”, que se soe dar dentro das formacións.

Alex: O papel do asesor é unicamente aconsellar e ofrecer alternativas, ó final o candidato é quen decide, pero sempre será positiva esa figura á marxe da formación política.

Fran: É unha mellora na toma de decisións, o asesor o único que fai e darlle recursos ó candidato para que valore os diferentes escenarios posibles respecto á decisión que vai tomar.

Alex: Algo que contribue tamén o crecemento disto e que crea interese na poboación, é que agora hai moitísimas series, libros... Antes por exemplo era dificilísimo atopar libros que falaran sobre comunicación política, agora case continuamente hai novo contido. Pero claro, o que máis chega á xente son as series e as películas: House of cards foi un exitazo, Borgen agora dende que está en Netflix ten unhas cifras altísimas de visualizacións...

Fran: Barón Noir, que a puxeron de moda Pedro Sánchez e Pablo Iglesias durante a pandemia...

Alex: Son todo series dedicadas máis ou menos ó mesmo, todas teñen este papel do asesor que vai á marxe do partido. E ademáis tamén nestes últimos anos a figura do politólogo parece que vai en ascenso, xa que se lles dá máis representatividade nos medios de comunicación. Con todo isto pouco a pouco é de esperar que a xente se interese máis por estes temas, e que á vez, a perspectiva negativa que ten destes postos de traballo relacionados co marketing político ou coa política en xeral vaia reducíndose.

Co blog recén estreado, como conseguistes falar con Iván Redondo de primeiras?

Fran: Pois a conta de twitter sobre Iván Redondo creeina eu fai un ano coa intención de seguir e entender o seu traballo, foi crecendo e vin que habia moita máis xente interesada coa que fun falando. Coa sorte de que entre os seguidores da conta había coñecidos seus ós que lles resultou interesante o meu traballo, e un día simplemente contactáronme de Moncloa para ir e falar con el.

Isto tamén foi un empuxón á hora de sacar o blog claro, aínda que fose algo que levábamos meses preparando foi unha motivación moi grande, xa que este tipo de asesores independentes aquí son unha novidade, e orixinariamente sempre eran membros do partido, coma Julio Ceo ou Jose Enrique Serrano, cada partido tiña os seus. Entón Iván Redondo é un pouco o precursor desta nova figura do asesor que non pertence ó partido.

Alex: Claro, de feito a figura de Ivan Redondo dentro do blog vai ter un apartado, despóis é intentar facer entrevistas, comentar noticias de actualidade...

Fran: E coñecer máis personas que se dedican ás campañas, que Ivan Redondo non é a única persona do mundo que traballa disto [rin].

E tendes algunha outra entrevista pensada? Alguén con quen que teñades ganas de falar?

Fran: Si, eu teño unha lista por aí de 40 personas

Alex: Creo que hai unhas cantas

Fran: Estamos moi interesados tamén en descrubir xente de Galicia que se dedica a isto. É un mundo moi secreto, e polo menos intentar, se eles queren, dalos a coñecer.

O noso obxectivo é achegar esta profesión de asesor e comunicador político á poboación, porque é unha profesión que ten moi mala fama. A xente pensa que é manipular, cando en realidade é todo moito máis real sencillo e fácil do que aparenta. Entón a idea é achegar un pouco esa figura á xente, que vexan que non son chamáns, bruxos ou gurús.

Alex: Sen marketing e comunicación non hai visualización, e si non tes visualización non es ninguén nunha convocatoria electoral.

Algunha mención especial dalgunha figura, algún libro, blog ou algúen en que vos inspirárades?

Fran: Si, digamos que xa líamos moitos blogs principalmente de asesores que agora están máis inactivos no online, como Iván Redondo ou Antonio Sola... Entón de aí, a día de hoxe sacamos moitísimo contido, duns e doutros, é xente que leva moitísimos anos nisto. O importante é a utilización que lle saibas dar despois a ese contido.

Alex: Poden aparecer alternativas novidosas agora coas redes sociáis, hai que asumir novas posicións nelas para abrirse paso.

Fran: Con este tema pode viralizarse todo moi rápido, entón a idea é seguir un pouco o legado dos que o facían antes, que o deixaron no 2015-2016 máis ou menos do mesmo modo, pero continuándoo no 2020 con todo o que os novos medios de comunicación poden ofrecer.

25 dic 2020 / 21:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.