Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 25 septiembre 2022
02:00
h

Algunhas controversias micolóxicas (I): arrincar ou cortar?

    Durante este outono houbo duas controversias moi discutidas tanto nas redes sociais como na prensa: os cogomelos arríncanse ou cortanse e lexislación micolóxica. As dúas por ser tan repetidas xa case “empachan”, por iso vou tratalas nesta coluna sobre micoloxía.

    A micoloxía é unha ciencia experimental e como en toda ciencia as afirmacións e negacións están baseadas en experimentos científicos realizados por profesionais, e tamén por ser unha ciencia avanzada. Aquí non vale aquelo de sempre se fixo así, sempre se dixo así.

    Dito isto, imos poñer ao día algúns coñecementos micolóxicos que parece ser que certos micófagos (comedores de cogomelos) e miconaturalistas (fotógrafos e identificadores) aínda non coñecen. Os cogomelos son frutificacións de certos fungos, como unha cereixa pode ser a unha cerdeira, e non son plantas, polo tanto, e xa o dicía Teofrasto fai case seis séculos, non teñen raíz, tronco, nen follas, polo tanto arrincalas ou non non afecta a que aparezan novos exemplares ou non, xa que ao non ser raíz o organismo queda debaixo.

    Hai traballos realizados en Holanda, Francia, Suiza... relativos a especies concretas que chegan a conclusións aparentemente contraditorias. Nuns afirmase que os cogomelos deben arrincarse completos e noutros que cortalos ou non non lles afecta.

    Discordo con esta segunda afirmación, xa que arrincalos non afecta, pero deixar un cacho encima do micelio para que apodreza e sexa a porta de entrada fácil para insectos e bacterias, si pode alterar os ápices das hifas miceliares e impedir que formen novamente carpóforos e, sobre todo, que eses carpóforos sexan fértiles.

    Hai persoas que, con bo criterio, pensan que se non se apaña o cogomelo, tamén apodrece sobre o micelio e que tamén o estraga; pero non se debe esquecer que as reaccións químicas e o ataque de parásitos derivados dunha reacción natural non teñen porque ser idénticos aos provocados “artificialmente”. Ao longo do tempo os fungos foron evolucionando para conseguir vencer os efectos negativos do apodrecemento “natural”, pero non o provocado por seres humanos e menos, botados ao monte de forma masiva para cortar absolutamente todo o que ven, sen pensar que está matando a “galiña dos ovos de ouro”.

    E, en Galicia, hai outra razón convincente. A lexislación indica claramente que é necesario identificar con seguridade o cogomelo que se vai apañar para comer, particular ou industrialmente, polo que hai que observar todas as características, é dicir, tamén a base do pé. Sirva como anécdota que eu, nos anos 80, por cortar en dunas os supostos tortullos amarelos (Tricholoma equestre) mestureilles o sombreiro e pé dunha Amanita dunensis, ata que me din conta de que as láminas e o pé eran brancos. Naquela época eu xa levaba varios anos investigando en micoloxía, se non fora así, seguiría investigando hoxe despois de comer aquel exquisito manxar?

    16 dic 2020 / 00:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.