Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Algunhas controversias micolóxicas (II): De quen son os cogomelos?

    ESTA PREGUNTA TEN UNHA REPOSTA, e non a dou eu, dá a Lei de Montes de Galicia (Lei 7/2012 do 28 de xuño), qe no artículo 84.1 dí: “A persoa titular do monte é o propietario dos recursos foestais que nel se producen... aproveitamentos cinexéticos, cogomelos, froitos, cortizas... tendo dereito ao seu aproveitamento...”. Un exemplo, os níscaros (Lactarius deliciosus) só se producen cando hai piñeiros, por iso se alguén non planta e cuida os piñeiros, non haberá eses cogomelos. E, de quen son os piñeiros?

    En Galicia o 97 % dos montes están en máns de particulares ou de comunidades de montes, é dicir, son privados. Esta foi unha das razóns polas que se incluiron no decreto lei de aproveitamentos forestais (50/2014 de 10 de abril, corrida polo de 73/2020 do 24 de abril), os cogomelos. Esa lexislación regula a apaña de fungos nos montes con diversas finalidades, entre as que se atopan a doméstica, a científica, a didáctica ou a comercial (artigo 2, apartado d), cada unha con normas diferentes.

    Por que xurde a necesidade deste tipo de lexislación?

    Está moi claro. Hai persoas que cruzan propiedades privadas como se fora a súa terraza, con toda naturalidade, só que ás veces esquecense de fechar a cancela, saltan muros e non se preocupan se caen pedras, se hai animais ou non e se poden asustarse ou escapar... Como dí o refrán para eles “todo o monte é ourego” e “o monte é de todos”.

    Na lei indícanse normas de apaña porque hai empresarios e micófagos que arrasan con ferramentas inadecuadas, como angazos ou pás, todo o que atopan destruindo micelios e terreno. Ás veces non se sabe se pasou un xavarin ou un cogomeleiro.

    Tamén é moi frecuente a presencia dos “avariciosos”, que apañan todo o que atopan, sen preocuparse de respeitar os que están fechados ou sen desenvolver. Os cogomelos maduros son os responsables de espallar as esporas (“sementiñas” dos fungos), se os retiramos antes acábase con todo. Esta situación xa se vive coas especies comestibles no norte de Italia e en Cataluña, entre outros lugares e, cada vez obsérvase máis na nosa terra.

    Apañar demasiado, para que? Cando se apaña moito van cheos de terra, apilados e moitos chegan medio desfeitos... Sobran comentarios a esta forma de actuar e, por riba, nos montes dos outros.

    Os micelios, como todos os organismos vivos, fanse vellos e morren, por iso para evitar desaparecer producen frutificacións e esporas que lles permitan rexenerarse. Cando se impede ou se limita a súa dispersión, desaparecen.

    E non poder apañar, nen disfrutar de cogomelos silvestres non é o único problema. Os fungos produtores de cogomelos son unha base moi importante para un correcto desenvolvemento de plantacións e bosques. Sen fungos non se degrada a materia orgánica morta, nen se facilita a penetración aos insectos para que o fagan, pero tampouco se forman micorrizas, necesarias para que as árbores medren sans e mellor.

    26 dic 2020 / 01:01
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.