Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Alumnos da USC queren extender o ano Carvalho Calero

a 2021. Un grupo de alumnos de IV ciclo, da Universidade de Santiago, leva semanas reclamando que, a súa entidade se sume á solicitude que diversas asociacións e colectivos de renome en Galicia lanzaron para pedir que as letras galegas do 2021 sexan de novo para Carvalho Calero por mor da crise do Coronavirus.

Ricardo Carvalho Calero foi unha figura que entre as súas múltiples ocupacións de historiador, filólogo, lingüista e escritor, destacou por ser un dos intelectuais que a finais dos anos 70 cando se aproximaba a chegada da lingua galega ao sistema educativo, reclamaron a súa aproximación e converxencia coa ortografía portuguesa. Un debate que finalmente perderon en favor dos que apostaban por unha vertente máis próxima a oralidade dominante na actualidade.

Despois de requirir desde diferentes entidades ao longo dos anos que se lle concedese o día das letras galegas, ese triunfo finalmente chegou no ano 2020.

A crise da covid-19 sen embargo tiña outros plans e imposibilitou a realización dunha multitude de actos e actividades por parte da RAG e doutros colectivos que son tradicionais anualmente nos homenaxeados a pesar dos esforzos feitos polas diferentes entidades.

Isto levou a Mesa pola Normalización Lingüística, AELG e AGAL entre outros a facer unha solicitude para que as letras do 2021 sexan de novo do ferrolano.

Guante que recollen agora estes alumnos de IV ciclo da USC, enviándolle unha carta datada no 28 de xullo e firmada por arredor de 40 persoas, na que fan formal esta reivindicación que levaba semanas producíndose. x.g

31 jul 2020 / 20:58
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito