Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ángel Carracedo e Iria Veiga pechan o ciclo da RAG ‘Conseguiremos’

Descubrir. A psiquiatra Iria Veiga (Ferrol, 1981) e o xenetista Ángel Carracedo (Santa Comba, 1955) protagonizan o último capítulo da serie Conseguiremos, a produción audiovisual que abre o proxecto da Real Academia Galega e a Universidade de Santiago de Compostela Novas voces para a lingua, concibido para darlle voz á mocidade con talento que vive e crea en galego. Na peza, gravada no campus histórico da USC, os dous médicos conversan sobre a importancia de comunicar a ciencia á sociedade e sobre a riqueza que supón facelo en galego. “Está vindo xente nova que vai levar isto adiante. Eu espero que [estas persoas] comuniquen ciencia en galego. Axudemos as novas xeracións porque temos que medrar na alegría de descubrir”, conclúe Iria Veiga. O capítulo titúlase precisamente A alegría de descubrir, unha mensaxe moi presente no día a día de ambos os protagonistas, dispostos sempre a compartir o entusiasmo da descuberta e a facelo na lingua propia de Galicia. A psiquiatra divulga ciencia nas redes sociais baixo o nome da Raíña Vermella, e reencóntrase neste episodio de Conseguiremos con quen fora o seu profesor de Medicina Legal na USC, Ángel Carracedo, científico de prestixio internacional e divulgador incansable. ECG

24 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito