Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Antonio Durán ‘Morris’, o xuíz Taín e Isabel Naveira no ‘Land Rober!’

a mistura de humor e entrevistas deste formato dos xoves

Santiago. Este xoves no Land Rober (TVG) van contar co xuíz Vázquez Taín, Antonio Durán Morris e Isabel Naveira. Este formato que Roberto Vilar dirixe cada xoxes na franxa do prime time daTelevisión de Galicia (TVG), acada bos datos de audiencia cada semana na grella da canle pública galega cunha mistura de entrevistas, humor e tamén chiscos de música e concursos.

Grabado en Teo nas instalacións de CTV, Land Rober ten falado xa este mesmo ano con Berto Romero, Fernando Vázquez, Luis Zahera, Omar Montes, Carmen Lomana, Josemi Rodríguez Sieiro, Antonio Garrido, Mar Saura e Lucía Veiga, entre outros convidados do seu show.

UNICEF E A AXUDA DA CRTVG. Por outra banda, Unicef poderá vacinar 12.253 nenos e nenas contra o sarampelo nos próximos 12 meses. A Crtvg colaborou na X Semana coa Infancia de Unicef ofrecendo moita información nas súas canles sobre a importancia da vacinación de todos os nenos e nenas do mundo.

Co lema #PequenasSolucións, a TVG e a Radio Galega, así como o portal web crtvg.gal e as redes sociais da Corporación, axudaron a través de entrevistas e reportaxes, a que se coñezan tamén os proxectos de Unicef na súa loita contra a pobreza infantil ou como afectou a COVID á infancia. Entre o 17 e o 22 de novembro, os presentadores e actores máis coñecidos dos medios públicos implicáronse como mensaxeiros para visibilizar esta campaña, que a Crtvg apoia por décimo ano consecutivo no marco da súa acción de Responsabilidade Social Corporativa.

Entre outros moitos programas, os espazos Dígocho eu, nas redes, e na TVG o magazine matinal A revista, o informativo en clave de humor Malicia Noticias, así como Luar na noite dos venres, puxeron o foco no obxectivo de que ningún neno morra por unha causa que se pode previr cunha vacina. REDACCIÓN

26 nov 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.