Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Antonio Sola define aos líderes do futuro

O experto en marketing político, nun acto de Campaña Permanente, fala sobre o futuro da política e as novas demandas da sociedade

O pasado xoves 24 Campaña Permanente organizaba o acto “Humanítica a política do XXI”, para a que contaban con Antonio Sola, coñecido no mundo do marketing político como o “creador de presidentes”. Esta presentación foi organizada en colaboración coa Fundación Liderar Con Sentido común, presidida e fundada polo propio Sola, a través da que aspirar a poder formar aos líderes do futuro.

Antonio Sola conta cunha extensa carreira, sendo o asesor estratéxico de máis de 450 campañas en máis de 20 países. Algunhas das máis importantes foron as de José María Aznar en 1993, Mariano Rajoy en 2008 e 2016, Juan Manuel Santos en Colombia no ano 2014 ou Andrés Manuel López Obrador en México en 2018.

A pesares da resaca de San Xoán e coas restricións de aforo ás que obriga a Covid, o experto en marketing político conseguiu reunir a unhas trinta persoas na que a plataforma organizadora agardan que sexa o primeiro de moitos actos que leven a cabo.

Antonio Sola comezou o acto agradecendo o poder estar compartindo a súa experiencia na Facultade de Ciencias Políticas de Santiago, e sinalando que esta disciplina, xunto con outras coma o xornalismo, a socioloxía ou o dereito, enriquecen e complementan a industria do marketing político. Esta industria, sinala, medrou moito nos últimos anos, chegando a facturar en 2019 “preto de 120 mil millóns no mundo en servicios”, fundamentalmente en Asia, África e Europa.

Durante o acto, Antonio Sola ía a expor os cambios que se dan na sociedade e que se van a evidenciar nos próximos anos, así como o papel que debe levar a cabo o marketing político e os novos líderes que demandan estas sociedades. Sinala que as campañas tradicionais van ir desaparecendo, e o papel de Internet será cada vez maior. Dita transcendencia das redes sociais xa vai sendo evidente, pois “a inversión publicitaria que se fai nunha campaña en medios dixitais xa supera o 3 a 1 ou 4 a 1 a inversión en medios tradicionais”, e cualifica a España “troglodita” na forma de facer campañas. Responsabiliza en parte á propia industria do marketing. “Na industria cometemos moitos errores e temos que dicirnos todas as verdades, e no marketing o nivel é moi primitivo aínda” expón o poñente.

A través de datos dun estudo realizado pola súa fundación, expón o descontento da sociedade coa clase política. Pon de exemplo os resultados en Galicia que sinalan que “7 de cada 10 galegos non confían nos políticos; o 53% manifestan que os gobernantes galegos non teñen sentido común; o 54% consideran os líderes aos pais, médicos e mestres e só un 7% só os políticos”.

Para o experto estamos entrando no que denomina a “Era da politictainment” (política do entretemento). A política compite co entretemento nos medios de comunicación. “Os políticos xa entenderon que o simbólico, os xestos, os actos... teñen que ver tamén co entretemento”. Esta política do entretemento xa xoga nas redes sociais, e non só nos medios tradicionais. Tamén alude a responsabilidade da sociedade, pois a través dunha sociedade máis activa conseguirase tamén unha clase política máis responsable.

As demandas da sociedade expón que son distintas, agora “pide a xestión da intelixencia colectiva”. Segundo Sola, xa se abandonou a sociedade da información, e pasamos á sociedade da comunicación, pois “a comunicación xera sentimentos, e é o cambio máis radical e profundo que está transformando a forma na que facemos política”.

Sola sinala que estamos asistindo á “morte da política tradicional”, e con ela á morte das ideoloxías como eido principal da política, dos partidos e dos programas electorais. Agora é máis importante “a persoa que o político”.

Para rematar o acto, o experto sintetiza cales son as características dos novos líderes que demanda a sociedade, que requirirán contar con valores como “a bondade moral, a capacidade de empatía, a transversalidade, capacidade de entendemento do problema e mirada para resolvelo”. Estes líderes farán fronte nunha democracia que, segundo el, vai ser máis transversal.

Ahí é cando define o que é para el a “Humanítica”, concepto creado dende a súa propia Fundación. Descríbea como “a filla da boa vontade e o sentido común”. Para Sola, só quen sexa capaz de dirixir a partires da empatía, a solidariedade, o diálogo e gobernando dende a cabeza e tamén dende o corazón, poderá facer fronte aos retos que da sociedade futura.

Esta charla realizada por Campaña Permanente foi a primeira de moitas das que pretende organizar a plataforma. Se queres informarte de futuros actos, non dubides en achegarte as redes da organización. Ademais, o encontro con Antonio Sola podedes atopalo íntegro no canal de Campaña Permanente en Youtube.

27 jun 2021 / 15:37
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.