Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Apoio da Xunta a sete galerías de arte para ir a feiras e mercados

Participan en citas en Madrid, Basel, Lisboa, Londres, Bruxelas e máis Singapur

Santiago. Un total de sete galerías de arte benefícianse das axudas Xunta de Galicia para a participación en feiras e mercados do sector a nivel nacional e internacional, cunha subvención de ata 4.000 euros por evento.

Este é o terceiro ano consecutivo que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, pon en marcha unha liña de subvencións específica para este tipo de proxección de eventos fóra da Comunidade, nesta ocasión dotada cun orzamento de 50.000 euros.

A través desta medida -enmarcada no Plan de reactivación para o sector cultural da Xunta- no caso de que a asistencia sexa a feiras celebradas en España, pero fóra de Galicia, os beneficiarios recibirán un máximo de 2.000 euros, mentres que a axuda será de 4.000€ se se trata de eventos internacionais. Con estas contías subvenciónanse os gastos correntes xerados pola asistencia á feira, festival ou mercado cultural, así como os dereitos ou cuotas de asistencia e aluguer de espazos de exhibición.

Con cargo a estas axudas, as sete galerías beneficiarias participan nun total de dez feiras e mercados en Madrid, Basel, Londres, Lisboa, Bruxelas e Singapur.

Sector fundamental no eido da cultura. As galerías de arte constitúen un sector fundamental e contribúen a promover e difundir novos valores artísticos, tanto no resto de España como no estranxeiro máis alá da súa actividade comercial.

Este labor de promoción pública realízano principalmente a través das feiras de arte, motivo polo cal a Administración autonómica puxo a disposición dos profesionais estas axudas coas que ademais de apoiar o traballo das galerías de arte se favorece a súa internacionalización e a proxección exterior do sector da cultura galega.

Entre outras colaboracións, hai un ano, a Asociación de Galerías de Arte Contemporánea de Galicia comezou a súa nova tempada co apoio da Xunta, cunha colaboración dotada con 100.000 euros que se levou a cabo grazas ao convenio asinado entre esta entidade e o Goberno galego co obxectivo de apoiar a produción, comunicación e difusión da súa programación”, exemplo de que este tipo de axudas van tendo entregas sucesivas. REDACCAIÓN

09 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito