Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O Curso de Verán de Extensión Universitaria celebrarase do 27 ao 29 no marco do OUFF

O XVII Curso de Verán de Extensión Universitaria, CeMAC 2021, o “foro audiovisual de referencia de Galicia”, como sinala o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, volve tralo parón que tivo no ano 2020 por mor da pandemia. O curso, promovido pola Fundación Carlos Casares, a Vicerreitoría do Campus de Ourense, o Concello de Celanova, a Deputación de Ourense e coa colaboración de Agadic, celebrarase do 27 ao 29 de setembro en Ourense baixo o lema Rodado en Ourense. Desafíos do audiovisual galego. Unha nova achega que reunirá a cualificados especialistas e profesionais do sector para disertar ao redor das súas diferentes disciplinas.

A presentación tivo lugar este xoves no Centro Cultural Marcos Valcárcel (nome na honra de quen fose colaborador de EL CORREO) acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o presidente da Fundación Carlos Casares, Francisco Javier Casares; o codirector do CeMAC, Paulino Pérez; a vicerreitora do Campus de Ourense, Esther de Blas; e a xefa territorial da Consellería de Cultura, Judith Fernández.

O vicepresidente da Deputación de Ourense sinalou que o CeMAC é unha andaina que ven reunindo a profesionais do sector desde que se iniciou no pasado 2004 cun claro obxectivo: “analizar a creación audiovisual en todas as súas variantes, soportes, formatos, substanciada nun produto destinado a ser gozado polos receptores”.

Cuñados, Eles transportan a morte, Olvido y León e Malencolía, centran parta da programación do CeMAC 2021.

17 sep 2021 / 00:26
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.