Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Raia Termal en Ruta

Un autobús percorrerá 1.500 quilómetros en dez días entre Ourense e o norte de Portugal

A Deputación de Ourense puxo este mércores en marcha unha iniciativa de difusión turística do territorio transfronteirizo Ourense-norte de Portugal que, baixo o nome Raia Termal en Ruta, promocionará os valores e recursos desta área mediante un autobús promocional que percorrerá máis de 1.500 quilómetros e visitará máis de 25 puntos durante os proximos dez días, incorporando como novidades unha oficina de turismo dixital e a participación dos universitarios becados no plan Erasmus Rural.

Un proxecto internacional, dixo o presidente da Deputación, Manuel Baltar, “para divulgar o noso patrimonio, cando en momentos de pandemia e pospandemia como estes a xente busca benestar, desconexión e natureza, valores que pousímos na provincia de Ourense e Portugal”.

No marco do programa, financiado con fondos europeos Feder a través do programa Interreg, “o autobús que arranca hoxe desde Ourense vai permitirnos valorizar o territorio e o seu patrimonio termal -engadiu- afondando nos vínculos históricos, culturais, sociais e naturais entre Ourense e Portugal como pobos irmáns”.

Neste sentido, engadiu, o autobús non só visitará os cinco concellos da provincia e do norte portugués que integran o programa europeo -Lobios, Bande, Muíños, Cortegada, Melgaço e Terras de Bouro- “senón que viaxará cara outras importantes capitais como Porto, Vigo, A Coruña ou Santiago”. O percorrido rematará en Ourense, coincidindo coa feira Termatalia os días 16 e 17 de setembro.

Tamén subliñou outra das novidades que inclúe esta iniciativa, a participación dos vinte titulados universitarios que foron becados coas bolsas Erasmus Rural.

Incorpora ademais unha oficina de turismo dixital que, con códigos QR, permitirá descargar desde un mapa a unha colección de postais cos recursos turísticos máis importantes do territorio.

O elemento dixital máis importante radica na posibilidade de facilitar aos balnearios, empresas e administracións a transformación dixital da súa oferta, permitindo aos viaxeiros reservar na rede os servizos turísticos da área.

Por outra parte, e tamén relacionado co sector, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, asistiu á presentación do II Congreso Internacional sobre Auga e Saúde e o II Workshop Internacional en turismo de saúde e benestar, que o 16 e 17 de setembro se celebrarán en Expourense, que volverán posicionar a Galicia como destino internacional líder en turismo de saúde e benestar.

Dixo que a Xunta traballa na reactivación conxunta do turismo termal como unha proposta que permite contar cunha oferta de calidade e especializada, e con gran capacidade de desestacionalización da demanda e de captación de máis segmentos de público combinada con outros produtos ou servizos.

08 sep 2021 / 18:05
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.