Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Aprobada a programación e prezos dos centros culturais de Ourense

Tamén se creou unha nova tarifa temporal de 20 euros no pazo de deportes ‘Paco Paz’

    Ourense. A xunta de Goberno da deputación de Ourense aprobou hoxe, na reunión mantida por videoconferencia, a programación e a fixación de prezos de centros culturais e deportivos da institución provincial. Neste sentido, na xuntanza acordouse establecer unha nova tarifa temporal nos prezos fixados pola prestación de servizos e realización de actividades no pazo dos deportes Paco Paz, dado que a programación deportiva está condicionada polas circunstancias derivadas da Covid-19, polo que “resulta necesario axustar as tarifas a esa nova realidade, que virá determinada por unha programación moi limitada en volume de oferta deportiva e horarios” comentan.

    Deste modo, aceptouse establecer que, ante a previsión de apertura no mes de setembro en similares condicións ás actuais, unha nova tarifa temporal, pola prestación de servizos e realización de actividades neste centro, ata agora inexistente, cuxo importe será de 20 euros ao mes. Esta deixará de aplicarse cando se retome a súa programación ordinaria.

    No apartado cultural, engadiuse a programación do curso 2020-2021 e fixáronse os prezos para as actividades do centro cultural popular Xaquín Lorenzo-Escola de danza que durante o vindeiro curso ofertará os seguintes obradoiros: baile tradicional, canto tradicional e pandeireta, gaita para grupos de acompañamento de baile tradicional, tecido artesán en teares tradicionais e xogos populares. Os interesados teñen de prazo para formalizar a súa matrícula desde o día 14 de setembro ao 31 de outubro.

    Tamén se aprobou a programación da Escola Provincial de Artes e Oficios para o curso 2020-2021, na que se contempla as seguintes accións formativas: debuxo e iniciación á pintura, perfeccionamento en pintura, talla e escultura en madeira, modelado-escultura en barro, e oleiría. O prazo de inscrición será durante os días 1 ao 30 de setembro, ambos incluídos e poderán realizala no centro cultural Marcos Valcárcel.

    Por último, a deputación aceptou destinar 303.661 euros en axudas para emprego, infraestruturas e saneamento entre outros. RedaCCIÓN

    05 ago 2020 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito