Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Aprobadas as bases para o programa ourensán ‘Termalismo Saudable 2021’

Oferta estancias en sete balnearios da provincia para dar a coñecer os seus recursos naturais

Ourense. As bases do programa de Termalismo Saudable e Cultura Termal de 2021, que oferta estancias e tratamentos en sete balnearios da provincia, facilidades para a mobilidade e a oportunidade de coñecer os recursos naturais e culturais da provincia, acaba de ser aprobada durante a Xunta de goberno A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, baixo a presidencia de Manuel Baltar. Unha iniciativa que procura o desenvolvemento e promoción dun sector económico e social estratéxico no marco do plan Ourense, Provincia Termal. As axudas incluídas neste programa concederanse por orde de recepción das solicitudes ata esgotar o seu orzamento total, que alcanza os 40.000 euros.

O programa de Termalismo Saudable consta de dúas modalidades: estancias balnearias con ou sen transporte en tren, e tratamentos terapéuticos sen estancia. As estancias balnearias, con axudas que van desde os 10 ata os 60 euros, terán unha duración de seis días, de luns a sábado, en réxime de pensión completa, incluíndo 10 técnicas balnearias, a posibilidade de revisión médica e animación social. Para as estancias con transporte en tren, os usuarios teñen incluído o billete de ida e volta desde algunha das “estacións termais” que participan no programa –referidas no convenio subscrito entre Deputación de Ourense e Renfe- con destino á estación de Ourense. Neste caso, os balnearios proporcionan o traslado ata as instalacións e rutas culturais seleccionadas. Existen tamén estancias con ou sen tren para grupos formados por un mínimo de 20 persoas. Os tratamentos terapéuticos sen estancia (reumatolóxico e respiratorio) inclúen axudas de entre 20 e 70 euros, con consulta médica e a posibilidade de realizar 35, 20 ou 10 técnicas balnearias repartidas ao longo de 15 días. O programa de Cultura Termal financia con entre 10 e 20 euros estancias de fin de semana nos balnearios da provincia de dous días de duración. ECG

20 sep 2021 / 21:16
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.