Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

‘Aquí Hai Praia’ visitará Foz

TVG O espazo Aquí Hai Praia (Televisión de Galicia) comeza o mes visitando tres novos areaisdas tres provincias costeiras galegas. A pesar de que rematan as vacacións para moitosvisitantes, todos coinciden en que hai que aproveitar as últimas raiolas de sol do verán.A viaxe desta semana arrancará no norte, na provincia de Lugo. No concello de Fozestá a praia de Llas. Moi próxima á praia da Rapadoira, está unida por un espectacular paseo marítimo rodeado de árbores e con dous maxestosos cantís que flanquean o areal. Ademais dos mariñaos que visitan unha das súas praias favoritas, o equipo do programacoñecerá moitos visitantes doutras comunidades como Madrid, Castela e León e o PaísVasco. Resulta unha praia “axeitada para a pesca submarina, así como para deportes como o volei e novas modalidades de tenis na area”, sinala a nota de prensa. REDACCIÓN

01 sep 2021 / 00:59
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.