Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

As empresas galegas, por riba da media estatal no uso de novas tecnoloxías

O número de microempresas con internet de banda larga de 100 ou más Mpbs creceu un 93,2 por cento nun ano

O número de empresas galegas con menos de 10 persoas empregadas que dispoñen de internet de banda larga de 100 ou máis Mbps creceu un 93,2 % entre 2019 e 2020, segundo os datos do informe A Sociedade da Información das Empresas de Galicia elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (Osimga).

Prácticamente todas as empresas con 10 ou máis persoas traballadoras teñen contratado internet. No caso das empresas máis pequenas, un 78,6 % dispoñen deste este servizo, o que sitúa a Galicia lixeiramente por enriba da media estatal, que é dun 78,2 %.

En canto o uso da banda larga de máis de 100 Mgps, o salto que se produciu entre 2019 e 2020 foi tamén moi significativo. Ademáis do incremento do 93,2 % nas microempresas, as compañías máis grandes con banda larga tamén aumentaron nun 41,2 %, e pasaron do 45,1 % ao 63,7 %.

En canto ao uso das tecnoloxías disruptivas, o salto producido entre 2019 e 2020 permitiu a Galicia situarse por enriba da media española en utilización do BigData, do internet das cousas e da robótica, informa a Xunta.

O 18,6 % dese tipo de empresas en Galicia utilizaron dispositivos interconectados con internet das cousas, mentres que a media en España foi do 16,8 %. No caso das microempresas, o uso desta tecnoloxía en Galicia situouse na media estatal do 4,6 %.

O uso da robótica nas empresas máis grandes superou en 2020 nun 0,8 % a media estatal do 8,9 % ao acadar o 9,7 %. En caso das microempresas tamén se superou cun 2 % a media estatal, que foi do 1,8 %.

A análise BigData foi empregada polo 12,4 % delas, 3,9 puntos máis que a media estatal. Esas empresas ocupan o 2º lugar entre as Comunidades Autónomas españolas na internacción coas administracións a través de internet e superan á media nacional en case 4 puntos.

Outro dato significativo é que as empresas con 10 ou máis persoas empregadas con paxina web creceron un 3,8 % ata chegar ao 80,9 %, co que superan por primeira vez a media estatal, que é do 78,1 %.

TIC nos fogares. En canto ao uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación nos fogares é salientable que, mentres a penetración destas tecnoloxías continúa a ser baixa debido as características da poboación, nas franxas de edade máis novas Galicia tamén supera á media estatan en canto ao uso de ordenadores e internet.

Segundo os datos do INE, as persoas de entre 10 e 15 anos de Galicia que son usuarias de ordenador persoal son un 94,2 %, fronte á media estatal do 91,5 %.

Nesta franxa de idade, as persoas usuarias de internet en Galicia representan un 95,7 por cento, unha porcentaxe tamén superior á media estatal, que é do 94,5%.

banda larga. Por outra banda, a Xunta considera que o desenvolvemento do proxecto estatal de Conectividade Dixital, impulso da ciberseguridade e despregue do 5G e do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da economía española é esencial para garantir unha transformación dixital uniforme en todo o territorio español. Por iso, o Goberno galego trasladou ao Estado as prioridades de Galicia.

A Xunta salienta a necesidade de priorizar a cobertura de redes de banda larga nas entidades de población de menos de 500 habitantes. Galicia á a comunidade máis rural de España e conta con 30.000 núcleos de población, o que supón o 40 % dos núcleos de toda España. A media de poboación destes núcleos é de 89 persoas. Esta dificultade para a consecución da plena conectividade con máis de 100 Mbps en 2025 debe ser tida en conta na aplicación das planificacións e na asignación de orzamentos.

14 may 2021 / 13:16
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.