Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

As inmunoterapias e os xenomas tumorais, eixos das xornadas do cancro

Marisol Soengas moderará hoxe as conferencias da doctora Núria López-Bigas e da catedrática de Vigo África González

Marisol Soengas, investigadora do Grupo de Melanoma do Centro Nacional de Investigaciones Oncológicas (CNIO), será a moderadora das dúas conferencias que se celebrarán hoxe dentro das xornadas “Avances recentes no coñecemento do cancro: bases moleculares e aplicacións á clínica”, incluidas no ciclo Avancen en Ciencia e Tecnoloxía, que organizan a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación da Coruña, coa colaboración da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e se celebran en Santiago.

O primeiro dos relatorios de hoxe, que será on-line as 19.00 horas e retransmitido desde o compostelano pazo de San Roque, versará sobre a O impacto da investigación xenómica na medicina personalizada para os pacientes de cancro, e estará impartirá por Núria López-Bigas, investigadora do Institut for Research in Biomedicine de Barcelona (IRB).

A doctora López-Bigas, unha das autoridades mundiais nas análises de xenomas tumorais, dará nesta charla unha visión actual de como o coñecemento do xenoma dos tumores dos pacientes está empezando a impactar en decisións diagnósticas e terapéuticas.

A investigadora do IRB explica que os avances no coñecemento do xenoma do cancro está a abrir o camiño á medicina personalizada que permitirá obter mellores clasificacións dos pacientes desde un punto de vista molecular, á determinación de posibles tratamentos de pacientes concretos que teñan alteracións xenéticas moi específicas, ou para obter un mellor entendemento das respostas clínicas dos pacientes.

“Hoxe en dia, estas técnicas están pasando xa dos laboratorios básicos aos hospitais, unha tendencia que aumentará nas próximas décadas e que impregnará a forma de tratar e diagnosticar aos pacientes no futuro próximo”, asegura López-Bigas.

A segunda charla do día será impartida presencialmente ás 20.00 horas pola catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo (UVigo), África González, que ofrecerá un relatorio titulado Inmunoterapias aplicadas ao cancro.

A doctora González, unha das grandes expertas neste tema, dará información básica para comprender os procesos biolóxicos clave que están asociados a estas novas terapias, as distintas modalidades destas novas terapias que se están empezando a usar, e os retos que aínda hai por diante para tratar de forma efectiva aos pacientes con elas.

A catedrática manifesta que a inmunoterapia está a dar nestes días resultados espectaculares en tumores que, ata hai pouco, tiñan índices de supervivencia moi baixos. Malia estes avances, considera que hai aínda retos moi importantes por resolver, como é o de comprender porque uns pacientes responden e outros non, abordar tumores que aínda son resistentes a este tipo de terapias e, tamén, ou ampliar o arsenal de terapias inmunolóxicas a usar nos pacientes.

Como o seu título indica, o ciclo Avances quere dar unha panorámica xeral sobre os avances recentes no cancro cun carácter altamente divulgativo. Intentarase nelas dar información recente sobre técnicas e mecanismos moleculares que median a orixe, progresión e respostas clínicas do cancro. Tamén se ofrecerá unha visión de como estes avances teñen un traslado importante á práctica clínica no ámbito do diagnóstico, tratamento e o desenvolvemento da medicina personalizada.

Todos os participantes poderán solicitar certificado de asistencia. O prazo de inscrición para participar gratuitamente está aberto no Zoom:

https://us02web.zoom.us/webinar/register/WN_LGNm1oMlQn6 WcMc8rmzX_Q

07 jul 2021 / 13:09
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.