Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

un novo percorrido cara Vigo

Remata a súa estadía na sede de Afundación na Coruña con máis de 4.000 visitantes//Aborda o contacto de Díaz Pardo co exilio

A exposición As miradas de Isaac, organizada pola Xunta de Galicia, concluíu esta fin de semana a súa estadía na sede de Afundación da Coruña tras dous meses de exhibición e ser visitada por máis de 4.000 persoas. Estas cifras sumadas ás que a transitaron durante a súa permanencia en Compostela, elevan a 30.000 o número total de visitantes da mostra en Galicia.

As miradas de Isaac foi a primeira grande exposición da Xunta de Galicia en homenaxe a Díaz Pardo despois do seu falecemento, en xaneiro de 2012. Comisariada por dous dos seus fillos —Camilo e Xosé Díaz Arias de Castro—inaugurouse en novembro de 2020 no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura para facela coincidir co centenario do seu nacemento (1920) e para pór en valor o legado e as achegas á cultura galega do impulsor da recuperación da fábrica de cerámica de Sargadelos, do Laboratorio de formas, do Seminario de Estudos Galegos, do Instituto Galego da Información, de Ediciós do Castro ou do Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside, entre outros moitos proxectos relevantes.

Tras permanecer en Santiago seis meses, a mostra abriu as súas portas na sede coruñesa de Afundación o 28 de xuño, inaugurando así un programa de itinerancias que continuará en Vigo a finais do mes de setembro. Na cidade herculina, As miradas de Isaac contou cunhas 500 pezas entre obras de arte, murais, cerámicas, carteis, publicacións e obxectos persoais que buscaban reflectir a inesgotable creatividade de Díaz Pardo e o seu papel imprescindible na evolución da cultura galega.

Estruturada en dez seccións, a exposición percorre o periplo vital e profesional de Isaac Díaz Pardo. Con este obxectivo, dá conta da pegada e influencia do pai –Camilo Díaz Baliño– no desenvolvemento da súa personalidade, da súa infancia e mocidade en Compostela e da súa faciana de pintor, que deixou unha fonda marca en todas as súas realizacións.

Do mesmo xeito, céntrase no contacto de Díaz Pardo co exilio e no seu compromiso pola recuperación da memoria histórica.

30 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.