Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

As orquestras galegas, ante unha tempada estival moi diferente

Santiago. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, mantiveron onte unha xuntanza con representantes do sector profesional das orquestras para avaliar a súa situación de cara á tempada estival, que estará condicionada polas características derivadas da covid-19.

Na videoconferencia participaron, en representación desta importante industria musical na nosa comunidade, a Asociación Galega de Orquestras, Gaias Eventos Musicales, a Asociación de Representantes Técnicos de Galicia e a Asociación de Empresarios da Música da Verbena Galega (Asevega).

O encontro permitiu expoñer e analizar as necesidades actuais das orquestras, un sector que dá emprego a numerosas familias e xera actividade na comunidade, especialmente durante os meses de verán, e cuxa actividade deberá desenvolverse, en coordinación cos concellos que as acollen, en condicións diferentes ás habituais debido á crise sanitaria derivada da pandemia do coronavirus.

Os representantes da Xunta de Galicia mostráronse favorables a que se poidan celebrar as tan tradicionais verbenas en Galicia ao longo deste verán, e sinalaron que as condicións para que se podan levar a cabo deben ser marcadas polo Goberno central mentres dure o estado de alarma, e, posteriormente, polos propios concellos.

En todo caso, ambos conelleiros resaltaron qu deben manterse as medidas de seguridade imposta para evitar a propagación do coronavirus entre a poboación.

Tamén apuntaron a relevancia social e económica das orquestras, un fenómeno que está moi arraigado nas celebracións populares de toda Galicia e que como, avanzaron ambos, está na folla de ruta do Goberno galego para facilitar o seu labor unha vez superada a actual crise sanitaria. redacción

25 may 2020 / 23:24
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito