Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

As que deixaron a súa pegada no mundo

    As que deixaron a súa pegada no mundo

    Falar de grandes avances en Galicia no pasado século, é sinónimo de falar de Ángela Ruiz Robles, maestra, escritora e inventora, sendo esta última a faceta pola que é imprescindible gardar o seu nome na memoria. Leonesa de nacemento pero afincada en Santa Uxía de Mandía (Ferrol) por traballo, Ángela era pedagoga de vocación, algo que sempre quedaría plasmado nos seus inventos. Sobre todo, coñecémola por dous: un sistema taquigráfico co que escribir e traducir máis rápido -que se podía empregar ata en esperanto, lingua que falaba- e un antecesor do que hoxe coñecemos como e-book.

    A patente deste último invento presentouna en 1949, era un “procedemento mecánico, eléctrico e a presión de aire para a lectura de libros”, un aparato máis ben grande -para ser un libro- co que buscaba facer a ensinanza máis intuitiva e amena, e polo que sempre será recordada como unha muller adiantada ao seu tempo.

    As que deixaron a súa pegada no mundo

    oceanógrafa, Zoóloga, profesora... Ángeles Alvariño foi unha persoa que non se pode acotar cunha soa palabra, pero a súa relavancia no ambito científico si: imprescindible.

    A mediados dos anos 50, esta muller nada en Serantes e licenciada en Ciencias Naturais, recibiu unha beca do Consello Británico para investigar o zooplancton en Inglaterra, e participou en varias expedicións en oceanográficos no Atlántico e no Pacífico, sendo a primeira científica a bordo dun barco británico de investigación.

    A partir de aí, continuou a súa andaina investigadora en Vigo para acabar traballando, anos despois, como bióloga no Centro Científico das Pesquerías do Sudoeste, de Estados Unidos- país no que pasaría o resto da súa vida. Nos seus anos como investigadora, esta precursora da oceanografía descubriu e catalogou 22 especies mariñas, realizou múltiples expedicións e acabou sendo considerada unha autoridade mundial no referente ao zooplancton

    As que deixaron a súa pegada no mundo

    O método montessori non chegou a Galicia nin por casualidade nin por Internet, fíxoo da man dunha coruñesa de nacemento, María Barbeito, que dende os 16 anos de idade dedicou a súa vida a docencia e á súa mellora. Cando en 1915 toma o cargo de directora da Escuela Nacional da Guarda da Coruña, Barbeito implanta nas súas aulas unha nova filosofía educativa: o método Montessori - que coñecera en Italia- cando en todo o país só houbera un exemplo do seu uso.

    A revolución que supuxo esta muller na pedagoxía galega, que implantou outras metodoloxías pedagóxicas vanguardistas para o momento, é incalculable, e incluso recibiu unha beca para viaxar por escolas de múltiples países europeos. Con todo, a Guerra Civil e unha serie de acusacións acaban por separala do maxisterio, e comeza unha etapa adicada á escritura e á tradución. Entre outros fitos, acaba sendo membro da Real Academia Galego e recibe a Cruz Alfonso XIII.

    As que deixaron a súa pegada no mundo

    A Astronomía é o eido polo que Antonia Ferrín Moreiras pasou á historia, pero esta ourensana tamén destacou na investigación e nas matemáticas, alén de ser unha persoa cun afán constante de formarse e aprender.

    Graduada en Química e en Farmacia pola USC, foi profesora de Física e Matemáticas nesta institución, se ben o estalido da Guerra Civil supuxo un parón na súa andaina e incluso foi expedientada pola súa ideoloxía política. Ao rematar o conflito consegue volver exercer, e coñece ao director e fundador do Observatorio Astronómico da USC, Ramón María Aller. Moreiras acabaría conseguindo unha beca para traballar no observatorio, onde contribuiría ao mundo da astronomía coas súas investigacións. En 1963, convertiuse na primeira muller de España en defender unha tese sobre astronomía, e ese mesmo ano foi nomeada Catedrática Numeraria de Matemáticas en la Escuela de Magisterio “Santa María” de Madrid, onde estudara anos antes.

    02 dic 2022 / 00:16
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.