Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

‘Atrápame se podes’, o novo concurso de verán na TVG

Esta noite, ‘Luar’ vai ter as visitas de Francisco máis Marcelo Dobode, a orquestra Estrellamar e a agupación A Maristela

A Televisión de Galicia (TVG) está a preparar a súa programación de verán e unha das primeiras novidades que chegará á grella, a finais de xuño, é Atrápame se podes, un concurso de preguntas e respostas presentado con moito humor por Paco Lodeiro. Participantes e espectadores van pasalo ben e ademais terán a posibilidade de gañar importantes premios, xa que cada día porase en xogo o bote acumulado ao longo dos programas anteriores, un bote que comezará con 2.000 € e que, se ningún concursante o acada, se irá incrementando diariamente en 200 €.

Varias temporadas de éxito en ETB2, Aragón TV, TV3 ou, máis recentemente, Canal Sur, canles onde rexistra cotas de pantalla moi destacadas, avalan Atrápame se podes como un dos formatos líderes de audiencia das televisións autonómicas coa súa fórmula de cultura aderezada con moito humor.

O concurso, que se emitirá nas tardes de luns a venres, ten unha mecánica sinxela que convida o espectador a xogar desde a casa e que fará que os concursantes poidan conseguir unha boa cantidade de cartos en función dos seus coñecementos e tamén da súa estratexia de xogo.

Ten a estrutura dun quiz-show clásico: un presentador e cinco concursantes que competirán durante cada programa. O concurso ten catro fases. Na primeira xogan os cinco concursantes e nas seguintes vanse eliminando un por un ata chegar dous á final. As preguntas son de cultura xeral, aínda que moitas delas estarán adaptadas á idiosincrasia galega.

Cada día, o concurso comezará cunha batería de preguntas, unha rolda rápida para ir entrando en materia. Os acertos de cada concursante marcarán a orde de xogo na seguinte rolda, o duelo de temas, en que deberán elixir un tema e un adversario para que responda catro preguntas relacionadas.

MÚSICA e actores. Por outra banda, avanza o concurso O mellor década casa en Luar. Esta noite será decisiva para tres dos artistas que participan no certame. Deben dar o mellor de si mesmos nas súas actuacións para optar a un posto nas semifinais, xa que só resta coñecer o cuarto integrante.

Esta entrega, será a quenda de Manuel Manquiña, quen defenderá a década dos 60 co afamado tema Un bico e unha flor; Teté Delgado ofrecerá a súa interpretación de Vive a vida tola, todo un éxito dos anos 80, e Isabel Blanco, en representación dos 10, o aplaudido Quixera ser. Quen gañe será o cuarto clasificado, xunto a Luís Iglesia, María Mera e Sergio Pazos.

Xosé Ramón Gayoso, Patricia F. Santana e Rocío Rodríguez pasaranlle a remuda das actuacións musicais ao cantante Francisco. O valenciano dará boa conta da súa voz única ao longo do programa.

Finalmente, Paco e Pepe achegarán unha boa dose do seu mellor humor e, no concurso telefónico, os espectadores poderán facerse hoxe co bote de 10.000 euros de premio deste espazo das noites do venres na TVG.

11 jun 2021 / 01:28
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.