Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Avanza a Deputación no proxecto para contar co hotel balneario de Ourense

Baráxanse como sedes da administración o Pazo de Xustiza e a delegación de Sanidade

    Santiago. A sala de xuntas do Pazo Provincial acolleu este xoves unha reunión de traballo para avanzar na conversión da actual sede da Deputación no gran hotel balneario de Ourense. Un encontro que, segundo anunciou o presidente provincial, Manuel Baltar, permitiu concretar dous espazos para o traslado provisional dos servizos -o antigo Pazo de Xustiza, na praza de Concepción Arenal, e a delegación de Sanidade da Xunta de Galicia, na avenida de Zamora- e descartando o traslado á vella cárcel.

    Ademais, deuse o visto bo ao inicio da redacción do proxecto e confirmouse a cali-
    dade mineromedicinal das
    augas. “Novos pasos pero sempre sen perder de vista o obxectivo máis importante, que é contar antes de 2027 cun balneario de referencia en Europa”, declarou.

    Na xuntanza, a segunda celebrada este ano trala convocatoria de febreiro, tamén participaron o delegado territorial da Xunta , Gabriel Alén; a concelleira de Urbanismo do Concello de Ourense, Sonia Ogando; o responsable do proxecto do balneario, Mario Crecente, e os técnicos da administración provincial Mónica Legaspi, Juan Marquina, Eva Reza e Javier de Anta.

    Polo que respecta ao traslado provisorio dos servizos situados no Pazo Provincial, na reunión concretáronse as xa mencionadas dúas posibles localizacións: o antigo Pazo de Xustiza, na praza de Concepción Arenal, e a delegación de Sanidade da Xunta, na avenida de Zamora. Dous inmobles que segundo explicou Manuel Baltar, “reúnen os 3.000 metros cadrados de superficie necesarios para que a actividade administrativa da Deputación funcione a un nivel óptimo”. O traslado ás futuras instalacións provisionais calcúlase que podería realizarse ao longo do segundo semestre do 2023.

    Ademais de acordar o inicio do procedemento para contratar a redacción do proxecto básico do hotel balneario, por 251.000 euros, presentouse un informe sobre as medicións e análises mensuais na captación nun dos patios interiores, co fin de conseguir a declaración de auga mineiro medicinal e termal, e que “arroxa uns resultados tremendamente positivos e confirman a idoneidade e calidade mineromedicinal das augas”, subliñou. ecg

    01 jul 2022 / 00:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito