Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

‘Axente X.99’, a aventura espacial de Gianni Rodari!

A biblioteca coa que Kalandraka homenaxea a Rodari a raíz do centenario do seu nacemento vén de sumar un novo título: Axente X.99. Contos e versos do espazo (2021). Igual que as dúas últimas obras do italiano publicadas pola editorial pontevedresa, Érase unha vez o Barón Lamberto (2020) e Gelsomino no país dos mentiráns (2020), Axente X.99 inclúese na colección “Sete Leguas” e diríxese a un lectorado máis avezado na lectura.

Dispoñible tamén en portugués, castelán e catalán, está ilustrado por Federico Delicado e traducido ao galego e castelán por Isabel Soto, ambos con recoñecida traxectoria nos seus eidos.

A obra, que acolle sete textos narrativos e quince poéticos, nos que o humor, o xogo coa palabra e o enxeño propios de Rodari están presentes, constitúe unha interesante achega á ciencia ficción, pois nela preséntanse as aventuras dun particular astronauta por distintos lugares do espazo.

marta.neira@usc.es

21 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.