Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Baltar supervisa no Pazo Provincial as accións de captación termal protexida

O obxectivo, construir un gran hotel balneario no edificio, referente para todo o continente

Santiago. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, vén de supervisar as últimas operacións de captación termal protexida que se están a levar a cabo no edificio de Pazo Provincial.

A empresa encargada deste labor está a traballar para certificar se existe caudal suficiente no subsolo para unha instalación termal que posibilite a construción do gran hotel na capital ourensá, proposto por Manuel Baltar.

Unha vez rematadas as operacións técnicas, procederase á redacción dun informe que certificará o resultado dos traballos de prospección “para determinar a viabilidade de converter o Pazo Provincial nun hotel balneario de referencia en Europa”, asegura o presidente, quen encargou xa un anteproxecto no que se contempla que a infraestrutura teña 50 habitacións e todos os servizos dun hotel destas características.

Baltar confirma o interese de varias operadoras e empresarios en formar parte desa explotación termal de luxo no Pazo Provincial, “que será un emblema, non só da cidade de Ourense senón de Galicia, un dos mellores hoteis de Europa nun Ourense que estreará a Alta Velocidade dentro duns meses e que pisará con firmeza nese sector termal europeo, importantísimo na pospandemia”, valora desde a súa perspectiva de presidente da Asociación Europea de Cidades Históricas Termais, con 51 espazos termais de 18 nacións.

O gran hotel únese á estratexia do Plan Termal da provincia, impulsado por Baltar e que desenvolven Deputación de Ourense e Xunta. Unha estratexia que avanza coa aprobación do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino Ourense Termal, que vén de referendar a conferencia sectorial. redacción

02 ago 2021 / 00:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.