Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Baltar visita a rodaxe en Ourense de ‘Live is life’

CINE. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou onte no mosteiro de San Pedro de Rocas a rodaxe da película Live is life, de Dani de la Torre, o director monfortino que recibirá o Premio Ourense na 25ª edición do Festival de Cine de Ourense (OUFF) como recoñecemento a súa labor no cinema. Conta con guion de Albert Espinosa, estase a rodar en diferentes puntos da provincia de Ourense, e afonda na iniciativa promovida polo presidente da Deputación “de seguir potenciando Ourense como gran plató de cine”. Baltar, quen na súa visita á rodaxe estivo acompañado polo propio Dani de la Torre e polos directores artístico e cultural do OUFF, Miguel Anxo Fernández e Aurelio Gómez Villar, respectivamente, dixo que Live is life “será o gran éxito do cinema español de 2021, tendo como escenario perfecto para a historia o mosteiro de Rocas, o enclave máis visitado da Ribeira Sacra, que será declarada Patrimonio Mundial pola Unesco, unha iniciativa que impulsou e promove a Deputación de Ourense”, afirma Manuel Baltar, quen destaca que “só o feito de que a vaia distribuír a Warner Bros da unha idea da dimensión deste proxecto, que reúne os requisitos para ser moi atractivo para o público, sendo un deles os escenarios naturais da nosa provincia, e neste caso un lugar máxico como o mosteiro de San Pedro de Rocas”. ECG

19 sep 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.