Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A famosa cantante cubana estará no programa presentando o seu novo disco ‘De mil maneras’

Este sábado pola noite a festa chega ata a Televisión de Galicia (TVG) o programa Bamboleo, e faino da man de Xosé Manuel Piñeiro. Esta semana a cantante cubana Lucrecia estará no programa presentando o seu último disco: De mil maneras, un traballo co que convida a gozar dunha viaxe musical inesquecible.

Ademais o coñecido espazo musical contará coa presenza da orquestra Capitol e un grupo de Moaña: The Lelli Kellys. O baile profesional vai estar representado esta noite por unha parella estremeña, a formada por Óscar e Pedro, que proceden de campos distintos, un dos bailes de salón e o outro da ximnasia, pero que xuntos ofrecen un grande espectáculo.

Ao escenario da sección Agora ou Nunca subirán esta noite Eva María, grande afeccionada aos boleros, que cantará Sabor a mí, e Adrián, que interpretará Driven under, de Seether.

En A Jrileira competirán o Valdetires Ferrol Fútbol Sala Feminino e un club de fútbol, o Campo Lameiro C. D.

Antes de intentar acertar o maior número de intérpretes deberán cantar o tema Regrésame mi corazón de Carlos Rivera. O gañador conseguirá un gran premio para sortear entre a afección.

A risas nesta nova andaina dun dos espazos estrela da grella da Televisión de Galicia están aseguradas con Isi, o furacán de Arca, “mentres que o picante queda reservado para o apartado chamado A ITV do Amor. A emoción chegará cos xogos de Claudio Pan e Tamara Pérez”, sinalan na nota de prensa.

tendencias@elcorreogallego.es

www

elcorreogallego.es

04 dic 2021 / 00:52
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.