Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Bertín Osborne e Tamar Novas pintarán a mona no ‘Land Rober’

co alcalde de Pazos anunciando unha medida de aforro

Este xoves visita o Land Rober Tunai Show o actor galego Tamar Novas, que vai descubrir os segredos mellor gardados do público do programa. Tamén estará pintando a mona o polifacético cantante e presentador Bertín Osborne.

Por se fose pouco, esta noite chega unha nova entrega de As Mañás de Marilú. Desta vez, o alcalde de Pazos anuncia unha medida de aforro. Con que sorprenderá os espectadores? Todo isto e moito máis, esta noite con Roberto Vilar, Eva Iglesias, Miguel Canalejo e Víctor Fábregas a partir das 22.00 h na Televisión de Galicia.

A REVISTA.A Revista recibirá hoxe a visita de Javier Hermida, un estudante pontevedrés de Bacharelato que, a milleiros de quilómetros de Doha, elaborou a súa propia guía con todos os detalles do Mundial de Qatar, o evento deportivo máis agardado dos últimos anos. Ademais do interese informativo, a guía nace cun marcado carácter solidario. Para falardesta guía e analizar tamén a actualidade do mundial, o programa contará coa presenza do xornalista deportivo da TVG Terio Carrera.

Co Nadal á volta da esquina, moitos pais e nais pregútanse estes días cales son os xoguetes máis adecuados para os seus cativos. Para aconsellar neste eido, estará no programa deste xoves Lucía Camba, cofundadora do proxecto de divulgación educativa Malumecuida.

A Revista tamén contará coas recomendacións de nutrición e de hábitos saudables do doutor Manuel Viso e, na mesa de sucesos, a xornalista Patricia Abet e o avogado Alejandro Vega analizarán as últimas novas.

08 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
TVG
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.