Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

¿Cal será a palabra do ano 2020?

A RAG e a Fundación Barrié abren o prazo a través do ‘Portal das Palabras’ para difundir o léxico galego

A Real Academia Galega e a Fundación Barrié abren este martes o prazo para realizar propostas para a ‘Palabra do Ano 2020’, un proxecto impulsado a través do ‘Portal das Palabras’ para difundir o léxico galego.

Deste xeito, a cidadanía poderá decidir o termo que identifica o ano que termina, tanto para redimirse de “aquilo que se quere deixar atrás” como para plasmar o bo do exercicio que agora conclúe.

As propostas poderán remitirse até o 13 de decembro a 23,59 horas. Entre o 14 e o 25 abrirase o prazo de votación telemática, e o luns 28 darase a coñecer o fallo.

Doutra banda, o Consello da Cultura Galega impulsa a recreación da peregrinación realizada en 1927 por Vicente Risco, Otero Pedrayo e Xosé Ramón Fernández Oxea (Ben Cho-Shey) desde Ourense a Santo André de Teixido.

A iniciativa busca plasmar as transformacións do rural galego a partir das descricións dos autores, que recolleron na a obra ‘Pelerinaxes’ da Editorial Nós.

O ‘roteiro’ recréase mediante as novas tecnoloxías, e permite descubrir as transformacións tecnolóxicas e sociais de cada punto, a partir de ilustracións de Otero Pedrayo e textos de Risco, que serán a “guía” para entender os cambios rexistrados.

Todo iso elaborarase a través de cartografía, modelos dixitais de terreo ou sistemas de xustaposición de imaxes e voos de dron.

SANTIAGO DE COMPOSTELA. E.P.

01 dic 2020 / 08:43
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.