Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

‘Canto das xacias’, son folk cunha ponte con Santiago

Dequenvessendo. A banda de folk celta atlántico Dequenvessendo estrea hoxe o tema Muiñeira d’a cabra, o single de presentación do que será o seu primeiro traballo discográfico, Canto das xacias. O disco verá a luz o vindeiro 8 de setembro logo de acadar, exitosamente, unha campaña de micromecenado impulsada polo grupo galego e na que participaron máis dun cento de persoas.

Canto das xacias é un disco conceptual co que pretendemos poñer en valor a importancia da recuperación do imaxinario popular galego e da literatura oral, ese saber compartido que nos idenfica e que é piar da nosa cultura”, sinalan os membros do grupo, que contan neste traballo coa colaboración de artistas como Sés, Bieito Romero ou Nani García.

Así, sonoridades celtas, atlánticas e de raíz conflúen sutilmente nun álbum no que a banda fía un relato singular, a da lenda da xacia do Miño, a través de once temas de creación propia, sinalan eles. Textos novos e outros recuperados da literatura galega conforman a narración do Canto das xacias, un álbum “ateigado de matices e influencias de diversos estilos que descobren, ante o mundo, o folk galego contemporáneo”.

O primeiro corte que Dequenvessendo avanza é Muiñeira d’a cabra, un tema que amosa os ecos da tradición que conforman a base das orixes da bandas. O single, dispoñible en altafonte.com acompáñase dun videoclip que se pode visualizar desde hoxe nas distintas plataformas virtuais. Nesta peza, na que colabora o violinista Javier Cedrón, o grupo amosa a súa estreita relación cun dos locais de concertos máis coñecidos de Santiago, Casa das Crechas. REDACCIÓN

26 ago 2020 / 00:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito