Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Canto reparador da soidade sen prexuízos

A enxeñeira, recoñecida escritora e activista cultural, María Canosa (Cee, 1978) acaba de nos agasallar co relato As pombas de Bastián, obra ilustrada pola tamén recoñecida Noemí López (Lugo, 1974), publicada na emblemática colección “Merlín” de Xerais e dedicada a Ana e Mariña para que os seus soños voen sempre alto.

Nesta obra protagonizada por Minia e Bastián, a través de quince breves capítulos acompañados por ilustracións de gran sensibilidade, cóntase como unha nena observadora descobre que, detrás da rutineira actividade do vello Bastián, quen a diario lles dá de comer, con esmero, ás súas pombas, hai algo extraño e máxico. Consegue desvelar o que lle falta e facerse a súa amiga. Comparte con Bastián soños, risas, ilusións e aventuras coas que se revisitan actividades vividas e soñadas por ambos. Un fermoso canto evocador e reparador sen prexuízos da soidade a partir dunha forte amizade.

rociopedreira@outlook.es

16 ago 2021 / 02:12
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.