Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

‘Casamos!’ celebra hoxe o amor de diamante de Carmela e de Ramón

A historia única desta parella, que superou os problemas dunha relación a distancia

    Santiago. O espazo máis romántico da TVG, Casamos!, dá a coñecer esta noite a historia de amor de Carmela e Ramón, unha relación única que comezou hai xa 60 anos, durante a verbena das festas patronais do Santiago na súa vila natal, Arteixo.

    Aínda que a parella tivo que enfrontarse a unha relación a distancia nunha época en que as comunicacións non eran as máis doadas, souberon superala e construír toda unha vida xuntos.

    Agora queren celebrar os 60 anos de amor que supoñen as súas vodas de diamante. Farano rodeados da súa familia nunha celebración completamente diferente á súa primeira voda. Queren unha gran festa chea de música, de alegría e de diversión.

    Esta noite, na serie ‘Saudade de ti’, Celia quérelle aforrar un desgusto a seu pai e non lle conta que Lucho é o pai de Noa, pero manter o segredo non lle vai resultar nada doado.

    Pola súa parte, Dimas non parece capaz de afrontar unha reunión con Adela e trata de escapulirse custe o que custe. Ademais, a tensión entre Raúl e Mónica nótase no ambiente. Agora que ela marchou, Celia e Raúl planifican o seu futuro xuntos.

    ‘A REVISTA’. O programa A Revista achegarase hoxe en directo á localidade lucense de Quiroga para coñecer o proxecto Ouro de Quiroga, unha das almazaras máis grandes de Galicia e unha das poucas que envasan e comercializan aceite elaborado unicamente coas variedades brava e mansa. Os/as reporteiros/as falarán co seu responsable, Julio Quiroga, sobre esta versión actualizada e industrial dos muíños cos que os seus antepasados elaboraban cada outono o seu propio aceite.

    Tamén estará no estudio do programa María Castelao, de Art for Dent, Asociación Galega da Enfermidade de Dent, integrada por varias familias unidas para loitar contra unha doenza minoritaria que afecta gravemente os riles dos seus fillos. Xunto a ela, estará o xefe do Laboratorio de NefroCHUS, Miguel Ángel García, que explicará as implicacións desta enfermidade na saúde nefrolóxica dos pacientes.Outro dos temas que hoxe se tratará en A Revista será a ludopatía, para o que contará coa presenza de Francisco Gil, presidente da Asociación Agalure, que axuda as persoas e padecen esta enfermidade e outras adiccións comportamentais e a súa contorna.

    O programa tamén contará este martes coa presenza da bióloga Xiana Albor e de Esther Ordóñez, veterinaria da Agrupación Apícola de Galicia.

    30 ago 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.