Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Catro bandas emerxentes, gañadoras de Sonidos Mans

Astrogirl, Momboi, Bratzantifa e Amoebo teñen a oportunidade de tocar en Portamérica, Atlantic Fest, Revenidas e Festival de la Luz

A Fundación Paideia Galiza, a través de Estudios Mans, acaba de dar a coñecer oaos gañadores do concurso para bandas e músicos emerxentes Sonidos Mans. Despois da selección dos 25 finalistas por parte do público e un xurado profesional, catro foron as bandas gañadoras, que terán a oportunidade de tocar en Portamérica, Atlantic Fest, Revenidas e Festival de la Luz. Ademais, gravarán durante dúas xornadas nos Estudios Mans da Coruña. As bandas gañadoras son: Astrogirl (Portamérica), Momboi (Atlantic Fest), Bratzantifa (Revenidas), Amoebo (Festival de la Luz).

Esta edición de Sonidos Mans contou coa participación de 298 bandas emerxentes de toda a xeografía española. Na primeira fase do concurso foi un xurado composto por Celia Carrillo (Managing Director LIVENow in Spanish), Guillermo de Lorenzo (Head of Marketing & New Business en Wegow) e Almudena Heredero (Directora de Primavera Pro e Ulalume) o que fixo a primeira selección. A continuación foi un xurado popular o que seleccionou as bandas finalistas e, por último, os festivais colaboradores, seleccionaron os 4 gañadores. O obxectivo deste concurso é facilitar aos grupos e solistas que están comezando a súa carreira, unha ferramenta para a difusión do seu traballo e a posibilidade de gravar nun entorno profesional.

Esta acción conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través dun convenio coa Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) para o desenvolvemento de accións de profesionalización e promoción da actividade musical emerxente. Durante o 2020 e o 2021, por mor da pandemia, o concurso cambiou as actuacións a espazos con aforos máis reducidos, pero, tras o anuncio da volta dos festivais para este verán, Sonidos Mans volve á súa esencia e trasládase de novo a estes escenarios.

APOSTA POLA MÚSICA EMERXENTE Esta iniciativa ten como finalidade poñer o valor e darlle visibilidade ao talento das/dos emprendedores musicais. Enmárcase dentro dunha das liñas de traballo da Fundación Paideia Galiza e de Estudios Mans, dirixida ao fomento do emprendemento musical. Ademais da promoción de bandas emerxentes, desde Estudios Mans trabállanse outras áreas como a gravación, con propostas dirixidas a todos os músicos emprendedores, ou formación dirixida a que os artistas poidan poñer en marcha o seu proxecto musical a través de diferentes ferramentas que lles permitan profesionalizarse e deseñar o seu plan de negocio.

11 may 2022 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.