Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Catro millóns da Xunta para un Bono Cultura con descontos dun 50 %

Valen do 1 de novembro ata o 31 de decembro // Inaugurada en Padrón unha exposición de homenaxe a ‘La Colmena’, de Cela

A Xunta de Galicia porá en marcha un bono cultural (Bono Cultura) dotado con 50 euros cada un que permitirá aos usuarios obter descontos do 50% en produtos audiovisuais, libros, videoxogos e entradas para institucións culturais, salas de cinemas, concertos e espectáculos escénicos onde se mobilizarán un total de catro millóns de euros a través desta actuación.

A medida foi anunciada este xoves polo presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á reunión do Consello, na que destacou o compromiso da Xunta co sector cultural. Foi tamén aquí onde a cabeza do Executivo, explicou que o que se persegue con este bono é incentivar a demanda cultural, dinamizar o consumo seguro e favorecer o fortalecemento do sector axudándoo a reducir o impacto da Covid-19. Para acadalo, a iniciativa contará cun orzamento de 1,95 millóns de euros..

A este respecto, o presidente da Xunta sinalou que estes bonos de ata 50 euros chegarán a 39.000 persoas que os poderán empregar nos establecementos adheridos para mercar produtos audiovisuais en formato físico, libros ou videoxogos, así como para a compra de entradas para cine, concertos e espectáculos de teatro e artes escénicas, entre outras. Poderanse descargar, dixo, a través dunha páxina web que se habilitará proximamente e onde se emitirán os cupóns en formato dixital cun código QR.

Máis polo miúdo, o presidente da Xunta explicou que o importe de cada compra reducirase nun 50 % ata esgotar o saldo do bono e que o período de validez dos bonos será desde o 1 de novembro ata o 31 de decembro.

En relación as entidades interesadas, Feijóo informou de que só terán que rexistrarse na mesma web que os potenciais consumidores do bono e deberán estar dados de alta nalgún dos grupos ou epígrafes do Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) recollidos na orde da convocatoria Bono Cultura que se publicará asímesmo no Diario Oficial de Galicia (DOG).

O Goberno mantén o foco no sector cultural. A Xunta de Galicia tamén rendeu homenaxe á obra La Colmena, un dos piares da obra do Nobel galego Camilo José Cela, co gallo do 70 aniversario da súa publicación cunha exposición que pon de relevancia os problemas do manuscrito para superar a censura e a súa publicación inicial en Bos Aires.

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou este xoves a mostra, que se poderá visitar ata o 1 de abril na sede da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, en Iria Flavia.

Tal e como explicou o secretario xeral, a exposición ofrece a historia das dificultades sufridas desde que o autor anunciara a idea dunha nova obra, titulada La clientela de María Domingo (1945), ata a derradeira edición da novela, que corresponde ao ano 2020. “Así mesmo (engadiu o representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade) haberá un recordo especial para o recentemente falecido cineasta Mario Camus, director da versión cinematográfica deste retrato social e costumista da España dos anos 50”.

Comisariada por Lourdes Regueiro coordinadora de Actividades Culturais da Fundación, e por Iván Rodríguez Varela, bibliotecario da institución, La Colmena. Historia dunhas páxinas zarandeadas amosará ao visitante preto de medio cento de pezas pertencentes ao fondo documental, bibliográfico e artístico co que conta a propia fundación galega.

Entre elas tamén cómpre salientar o primeiro volume dos catro que forman o manuscrito orixinal da novela, a denegación da censura española á publicación do libro, as epístolas coa editorial Emecé (que o publicou no ano 1951 en Bos Aires) coa aceptación da edición, a autorización en 1962 da importación da obra ou a mesa de café na que o Nobel galego redactou a derradeira versión de La Colmena. Así mesmo, pódense contemplar varias edicións significativas e a revista literaria Leer, que no ano 2005, a través dunha enquisa de Sigma 2, calificou esta obra da literatura como “a mellor novela española do século XX”.

Cine e audiovisual. Xa no eido do cine poderanse ademáis visualizar extractos da película homónima do ano 1982 La Colmena, galardoada co prestixioso Oso de Ouro do Festival de Cine de Berlín en 1983, onde Camilo José Cela interpreta a personaxe de Matías Martí, así como o guión cinematográfico do filme e unha réplica do galardón berlinés.

Todos estes materiais compleméntanse cunha serie de paneis onde se presentan as palabras do propio Camilo José Cela narrando a historia da súa famosa novela, así como ofrecendo, dende a súa perspectiva de creador, a definición da novela. Por outra banda, as opinións dos expertos celianos completan o marco histórico da mellor novela da posguerra española.

23 sep 2021 / 21:32
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.