Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

César Portela, novo académico de honra da Real Academia Galega de Belas Artes

En sesión ordinaria celebrada este sábado día 18 de decembro, tras a votación regulamentaria o plenario da Real Academia Galega de Belas Artes acordou conceder ao arquitecto pontevedrés don César Portela Fernández-Jardón, o título de académico de honra da Corporación. César Portela Fernández-Jardón é doutor arquitecto e académico numerario da Real Academia Galega de Ciencias. Foi galardoado co Premio Nacional de Arquitectura 1998-1999 co seu proxecto da Estación de Autobuses de Córdoba e Premio Europeo Philippe Rotthier en dúas ocasións polo Cemiterio de Fisterra e o Museo do Mar de Vigo. Neste ano 2021 foille entregado o Premio á traxectoria profesional na XIX edición dos Premios do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. No seu extenso labor docente foi catedrático de Proxectos Arquitectónicos na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña así como Director da V Bienal de Arquitectura Española 1999-2000; así mesmo foi profesor convidado en numerosas Universidades e Institucións internacionais. O Plenario valorou a súa proposta en virtude dos seus méritos e o seu destacado labor arquitectónico tanto en Galicia como arredor do mundo.

18 dic 2021 / 14:17
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito