Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 16 enero 2021
02:30
h

Chega ao Museo do Pobo Galego a mostra de Xoán Crespo ‘Cambio de fase’

FOTOGRAFÍA. O Museo do Pobo Galego abre hoxe (18.00 h) a exposición Cambio de fase, do fotógrafo Xoán Crespo, con 38 imaxes feitas nos tempos do confinamento, onde os protagonistas amosan a mensaxe que lles pedía o corazón como resumo do seu vivir neses intres especiais, segundo conta o mesmo Crespo. “As fotos están feitas despois do peche na primeira ola. Eu levaba tempo pensando en facer algún tipo de traballo sobre a pandemia pois é un suceso que vai deixar unha pegada grande neste século... e aínda que este traballo de reflexión está feito en Santiago, podería estar feito en calqueira outra parte do mundo porque é algo universal. Falo na mostra da idea da cidade que te acolle pero que tamén que é a túa propia cárcere. Eu saía a facer as fotos no meu rato libre, buscando primeiro as localizacións e levaba un bloc de debuxo para facer coa xente unha reflexión común sobre o que estaba acontecendo coa COVID... Foi importante facelo naqueles primeiros intres para coller as sensacións a flor de pel da xente que quería participar”. A Alameda, Bonaval, a Praza de Abastos e outras rúas da Zona Vella, a Praza de Galicia, o campus universitario... son parte dos recunchos da andaina visual e emocional desta mostra. XABI SANMARTÍN

13 ene 2021 / 00:19
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.