Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Clásicos de agora: Anthony Browne escritor e ilustrador

A editorial Kalandraka na súa colección Tras os Montes, dedicada a recuperar clásicos contemporáneos, acaba de publicar Ernesto o elefante, do afamado escritor e ilustrador Anthony Browne (Sheffield, 1946). Este álbum pódese ler en galego grazas ao labor tradutolóxico de Silvia e Óscar Senra, sumándose a outras obras do autor tan coñecidas como No bosque, O libro dos porcos, Sacapenas, Que tal estás?, Un paseo polo bosque e Un gorila.

Facendo uso de personaxes animais e coa temática das emocións, foméntanse a solidariedade, empatía, cooperación e xenerosidade, a través da historia dun intrépido elefante que se perde na selva e que, para volver coa súa manda, só recibe axuda dunha criatura cativa. Un fermoso álbum, a modo de fábula, cheo de colorido e exotismo, que denuncia a sociedade individualista e insensible, co que fomentar o hábito lector e traballar cos máis pequenos a educación emocional.

marta.neira@usc.es

14 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.