Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Coca-Cola entrégalle aos rapaces de Zalaeta o premio de Relato Curto

CERTAME. O veciño, un relato de menos de 300 palabras coa descrición dun veciño moi raro, converteu o grupo de 2.º da ESO do IES Ramón Menéndez Pidal–Zalaeta da Coruña no ganador en Galicia premiado polo seu relato colectivo. Como premio, Coca-Cola organizou unha actuación en exclusiva do ilusionista David Maestro no seu propio centro.

Maestro, creador do espectáculo Soñando desperto, emocionou o alumnado cunha proposta cargada de máxicas sorpresas no seu propio centro.

O escrito elaborado polo grupo de a.umnos do IES Ramón Menéndez Pidal–Zalaeta da Coruña foi elixido pola Xunta, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística de entre todas as propostas elaboradas polos rapaces e rapazas de toda Galicia como o estímulo creativo protagonista da proba escrita da 12 edición do Concurso de Novos Talentos de Relato Curto, realizada o 5 de marzo.

Nesta nova edición, Coca-Cola quixo levar un paso máis alá a experiencia creativa e darlles voz aos rapaces desde o momento da elaboración do estímulo creativo. Esta é unha mostra máis de que Coca-Cola continúa coa súa misión de ofrecer programas inclusivos e diversos como o son os seus participantes. redacción

28 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.