Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Colaboración entre artesanía, gastronomía e deseño

XORNADAS A Xunta de Galiciaorganiza as terceiras Xornadas Profesionais Artesanía no Prato, que se celebrarán o 21 e 22 de novembro na Cidade da Cultura de Galicia como un punto de encontro entre profesionais da artesanía, da gastronomía e do deseño, no que se evidencia o potencial do valor da artesanía no ámbito da hostalería, da restauración e da decoración de interiores.

As xornadas, que se celebran con carácter bianual, están organizadas pola Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación a través da Fundación Artesanía de Galicia, coa colaboración de Galicia Calidade e dos seus produtos certificados.

Nesta terceira edición presentaranse produtos de 33 obradoiros da marca Artesanía de Galicia especializados en oficios como a cerámica, a cestería, o coiro, a madeira, a olería, o vidro, o téxtil, a escultura, a estampaxe ou a forxa.

Destes, dez obradoiros participan por primeira vez neste evento co obxectivo de abrir novas vías de comercialización e novas áreas de traballo para os seus proxectos. Trátase dos de Vigo Arte Tradición Vexetal e Blaurtopías; Jatafarta e Roni Herrán (Santiago de Compostela); Alfarería Lista (Malpica de Bergantiños); Cuchillos Artesanos Villar (Teo); Mar Barral (Catoira); Rake Cerámica (Baiona); Susana Anta (A Illa de Arousa) e Xaime Piñeiro (Allariz).

Os outros 23 que repiten a experiencia son os da Coruña Arobe Cerámica, Branqueta e Arteviares; os obradoiros de Buño Alfarería Rulo e Obradoiro Gorín (Malpica de Bergantiños); Amorote Printing Workshop (Ames); os obradoiros de Cambre Belategui Regueiro e Laura Delgado Cerámica; Bria Concept (Mondoñedo); Celso Ferreiro (A Fonsagrada); Cerámica Unzueta (Brión); Cuchillos A. Castro (O Barco de Valdeorras); Idoia Cuesta Cestería Contemporánea (Outeiro de Rei); La Parabólica (O Porriño); Manuel Figueiras (Muros); Obradoiro F. Porto (A Estrada); Otero Regal – Ceramista (Viveiro); Raposiñas (A Pobra do Caramiñal); Uniformes 2.I (Lugo); Yanet Ruiz (Xinzo de Limia) e os obradoiros composteláns Degerónimo, Ilex Talla e Lorenzo Design. ecg

13 nov 2021 / 15:32
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.