Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Comenzou o OUFF coa entrega dos Premios Calpurnia 25 aniversario

Adolfo Domínguez, Dani de la Torre e Xavier Bermúdez protagonizaron a gala de apertura deste certame cun marcado selo ourensán e de compromiso coa cultura

Emoción, compromiso e historia forman o eixo central da 25 edición do Festival de Cine de Ourense. Un atípico aniversario condicionado polas medidas de restricción sanitarias que tamén se notaron na gala de inauguración.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, valorou o compromiso dos ourensáns e aposta contundente das adminitracións implicadas por unha cultura de calidade e segura que tivo un especial recordo para “todos los que dunha maneira ou outra formaron parte destes 25 anos: dende o primer director e ideólogo do festival, Eloy Lozano, ata todos os equipos que traballaron para chegar aquí e mesmo os responsables institucionais, Concello, Xunta e Deputacion que incluso con formaciones políticas diversas sempre apostaron polo OUFF”.

O director artístico do festival, Miguel Anxo Fernández, insistiu “no carácter solidario e de apoio do OUFF ao sector audiovisual galego en particular, nestes tempos tan difíciles para todos e especial para eles, pois consideramos a cultura un sector estratéxico ao que compre afastar do perigo de extinción, en especial cando as circunstancias veñen reviradas”.

Cun marcado selo ourensán e cun firme compromiso co patrimonio audiovisual, as bodas de prata do OUFF botaron a andar cunha gala con dous nomes propios: Adolfo Domínguez e Xavier Bermúdez. E o recordo, sempre vivo, a aqueles pioneiros do cinema e do audiovisual galego que abriron camiños que hoxe recorremos con novos bríos: Eloy Lozano, Chano Piñeiro, José Luis Cuerda... Nomes que estarán presentes nesta edición máis aló do seu recordo durante a gala.

A posta en escena foi sobria para una gala condicionada polas medidas sanitarias e o distanciamento social, na que a actriz Ledicia Sola asumiu novamente o papel de conductora. Este ano, Ourense cobrou protagonismo non só na selección de filmes rodados na provincia para a súa apertura, Olvido e León, e para a clausura, Luarada.

Proba de que Ourense é de cine é tamén o Premio Calpurnia 25 aniversario que recaiu sobre o modisto ourensán Adolfo Domínguez, que non puido estar presente na gala, pero quixo agradecer o recoñecemento a través dun video no que destacou a súa colaboración co festival “hace 25 años cuando aún era semilla. Solo duran las cosas que sirven a la comunidad. Eloy Lozano y los que seguisteis haciéndolo, algo habréis hecho bien”. Foi a súa filla Tiziana Domínguez quen recolleu o premio.

Pero además a provincia é protagonista do festival de cine sendo escenario para documentais que poderán ser vistos en Panorama en Galicia (un repaso da vida do deportista ourensán Simón González en A nosotros tu reino, Nación de muchachos: Utopía o muerte ou Sons do entroido) e sendo, sobre todo, plató de cine para proxecto como o do Premio Ourense deste ano, o cineasta monfortino Dani de la Torre, que ven de rodar algunhas esceas de Live is life no monasterio de Rocas e que subiu ao escenario do Auditorio para recoller o seu galardón.

ESCENA
Ollada feminina

··· Tamén abriu a presente edición do Festival Internacional de Cine de Ourense a proxección da curta Amanezca, dirixida pola actriz Lucía Álvarez, nacida en San Xoán de Río, é a primeira peza do audiovisual español na que o equipo técnico está plenamente integrado por mulleres. A actuación musical da gala de inauguración do 25 OUFF correu a cargo do gañador dun Oscar Nico Casal, que compuxo bandas sonoras entre as que destacan a de Stutterer, gañador do premio Oscar a Mellor Curtametraxe en 2016, e a película La Enfermedad del Domingo, de Ramón Salazar, nominada nos Premios Feroz como mellor banda sonora.

Estreo do film ‘Olvido y León’ para abrir unha edición moi especial
Grabada íntegramente en Ourense contou co apio da Deputación e do propio Festival

Ourense. Olvido y León de Xavier Bermúdez tivo a súa premiere mundial na inauguración do 25 aniversario do Festival de Cine de Ourense.

O director ourensán presentou onte aos medios o filme, agradecendo ao OUFF e a Deputación a súa labor xa que “por medio deles puiden rodar integramente en Ourense, o que é para min é un desexo feito realidade.” O cineasta estivo acompañado na presentación por Aurelio Gómez Villar e Miguel Anxo Fernández, directores técnicos e artísticos do festival, respectivamente, e que tamén lle quixeron agradecer a Xavier Bermúdez o feito histórico de estrear no festival e ademais inauguralo cunha película totalmente ourensá.

A presentación do filme, protagonizada por Marta Larralde, Guillem Jiménez e Monti Castiñeiras, é o punto final dun proceso que naceu baixo o paraugas do OUFF. Olvido y León comezou a rodarse o pasado ano durante a celebración do Festival de Cine e onte, durante a gala de inauguración, viuser o resultado final na gran pantalla, na súa estrea mundial. Ribadavia, Laias ou Arnoia foron algúns dos escenarios escollidos para a gravación.

Xavier Bermúdez conta cunha ampla traxectoria no sector audiovisual. ECG

26 sep 2020 / 00:10
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito