Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

mago do marketing

O publicista Toni Segarra e o eido audiovisual centraron a estrea da Semana das Industrias Culturais que faise agora na cidade das burgas

A sétima edición da Semana das Industrias Culturais, ICC Week, organizada pola Deputación de Ourense arrancou este mércores no Centro Cultural Marcos Varcarcel.

A capacidade de traballo e maila emigración son características que definen aos ourensáns, “pero tamén a súa capacidade de crear, grazas á cal Ourense é un territorio en movemento”, dixo o presidente da Deputación, Manuel Baltar, na inauguración deste foro ICC Week 2021, afirmando que “o que pasa hoxe e aquí é Ourense, non hai outro secreto”.

Manuel Baltar agradeceu o esforzo do equipo técnico e artístico da sétima Semana das Industrias Culturais e Creativas, que comezan tras a recente finalización do Festival Internacional de Cinema e, xa en novembro, da celebración da Mobile Week Ourense, “no marco dunha estratexia de acción política que só persegue unha cousa: reivindicar Ourense”.

Para Baltar, a ICC Week de 2021 “é a antesala dunha nova etapa que imprimirá velocidade á edición de 2022, ano no que xa teremos a alta velocidade, pero non para acurtar quilómetros, senón para reducir tempos desde calquera parte con Ourense”. A publicidade e o sector audiovisual foron os asuntos destacados na xornada inaugural, que arrancou coa presencia dun mago da publicidade, Toni Segarra. Un dos máis importantes publicistas do século XX aportou a súa visión sobre o negocio, e reflexionou sobre a conexión dos publicistas e as marcas con todo o que pasa ao seu arredor, exercitando a empatía constantemente e escoitando as respostas do público. Tamén explicou que o traballo dos publicistas consiste en simplificar e arriesgar, porque hai que facer que o producto destaque entre todos os existentes. A publicidade, sinalou, “ben feita é un reflexo dun momento concreto da sociedade”.

No programa do ICC Week deste 2021 tamén hai espazo para humor con Marta Doviro, Sergio Pazos e Oswaldo Digon, o venres; e para os premios Rodolfo Prada, á xestión cultural tamén nesa xornada.

14 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito