Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Comeza a rodaxe para a serie ‘Sofía Casanova, a obreira do pensamento’

As gravacións desta trama terán lugar en Oleiros, Lorbé, Mera Touro e Santiago

Santiago. A miniserie Sofía Casanova, a obreira do pensamento comezou esta semana a súa rodaxe en Galicia. As gravacións terán lugar íntegramente na provincia da Coruña, a maioría no concello de Oleiros, nas localidades de Lorbé e Mera. A rodaxe tamén se trasladará aos concellos coruñeses de Touro e Santiago.

O equipo de rodaxe é galego na súa totalidade e con mulleres á fronte, tanto no equipo de dirección coma no elenco. A miniserie está dirixida por Zaza Ceballos e Noelia Muíño e no equipo de guión conta con Rosa Castro. No papel de Sofía Casanova está Isabel Naveira, recoñecida actriz galega que participou en series como Matalobos, Fariña ou Vis a Vis.

A miniserie conta tamén no seu elenco con outros grandes nomes do audiovisual galego como Tito Asorey, Paula Cereixo, Mercedes Castro e Nuncy Valcárcel.

No equipo artístico tamén atopamos nomes de referencia: Alberte Branco como director de fotografía, Antonio Pereira como responsable de Arte e Manu Conde que se encargará da música.

Sofía Casanova é recoñecida mundialmente polas súas traballadas crónicas e escritos xornalísticos, REDACCIÓN

15 abr 2021 / 00:57
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.